Chega ao Teatro Colón a actuación inaugural do VII Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e as Artes Elas Son Artistas que se celebra en oito concellos da proximidade da Coruña entre abril e novembro.
Sobre Maika Makovski xa se dixeron moitas cousas, e moitas máis se dirán. Artista multidisciplinar se algunha vez hóuboa, o seu talento musical, a súa multitude de influencias e a urxencia da súa constante procura do espírito fan dela un nome verdadeiramente único no panorama actual.
Desde que comezou a súa carreira con só 20 anos, non deixou de sorprender con cada disco que saca, e xa leva 8. O último, MKMK, foi lanzado en 2021 e foi un auténtico éxito de público e crítica, sendo incluído en practicamente todas as listas dos mellores do ano (gañador dos premios MIN e + Música ao ‘Mellor disco de Rock’)
Por mor daquela aclamada obra, a compositora saca agora Bunch of little burdens, unha canción crúa na que nos fala das miles de pequenas cargas de estar vivo. Todos eses medos e responsabilidades que pesan como unha pedra e que nos fan soñar con afastarnos da realidade e refuxiarnos nun mundo de fantasía, aínda sabendo o perigo que isto supón.
Guitarras potentes, un piano enérxico e a inconfundible voz de Maika protagonizan esta nova canción que forma parte dun sinxelo dobre, en formato de 7 polgadas, do que pronto se desvelará a outra cara.
Elas Son Artistas | Maika Makovski