Humor

EL SHOW DE AURONPLAY

De pequeno queimaba cousas. A día de hoxe enche de risas Internet e teatros coa súa ironía en FullHD. AuronPlay alegrache o día. A súa presentación é clara: ‘Hey! Que pasa rapaces? Todo ben? Todo correcto? E eu que me alegro!’.

O seu particular xeito de entender o cotiá converteuse nun virus. Se entras en contacto con el, afortunadamente quedarás contaxiado ao instante. A súa curiosidade e atrevemento lévao a experimentar con Youtube por primeira vez en 2006. Con tan so un portátil e unha webcam, Auronplay converteu o seu cuarto no seu propio estudo de gravación. A canle de Auronplay contén vídeos-crítica a outros vídeos non populares na rede, broma telefónicas e recompilacións de mensaxes peculiares que atopa en foros.

Hoxe, tras anos de experiencia ás súas costas, AuronPlay é unha das figuras máis veteranos da produción de vídeo online. Coñece moi ben a súa audiencia e elaborou un estilo propio de comunicación moi directa, moi clara e para todos os públicos. Agora lánzase en solitario aos teatros, despois da xira YouPlanet xunto con Wismichu, para seguir infectando ao público con dose de humor, ironía e estilo particular de ver as cousas.

CARTEL_AURONPLAY