Prezo: ANTES 15/05/2015: 12 € (VR) / 16 €. A PARTIR 15/05/2015: 15 € (VR) / 18 €
Duración: 100 minutos
Calificación: + 14
Duración: 100 minutos
Calificación: + 14
REPARTO: ÁLEX CASADEMUNT, MÓNICA ARAGÓN, JOSÉ MANUEL PARDO, NOELIA MIRAS, ANDRÉS ARENAS, LAURA RAMÍREZ, MALU CARRANZA, PAULA DÍEZ. AUTOR: DAVID SERRANO. ADAPTACIÓN: ROBERTO SANTIAGO. DIRECCIÓN: JOSÉ MANUEL PARDO
IDIOMA: CASTELÁN
EL OTRO LADO DE LA CAMA, de David Serrano
‘Facer rir é algo moi serio’ tan serio coma o amor, os celos e as mentiras … pero o curioso é que son as cousas serias as que máis nos fan rir. Iso é o que pasa na casa de Sonia e Javier, que levan anos vivindo xuntos, o que os abocou á monotonía e á rutina. Por outro lado, temos a Paula e a Pedro, que non viven xuntos pero son parella ou polo menos iso penso Pedro, porque Paula non o ten tan claro e rompe a relación. É aquí onde comeza unha lea de camas onde estas dúas parellas se verán envoltas nunha historia de sexo, amizade, enredos e mentiras. E é que nesta historia, os personaxes non paran de mentir dende o principio ata o final.
Durante a historia, van aparecendo novos personaxes, como un taxista amigo de Pedro e Javier cunha curiosa visión da vida, unha moza un pouco psicópata que se namora tolamente de Pedro e Lucía, unha actriz amiga de Sonia, simpática e lesbiana, algo que terá moita importancia na historia. Pero claro, no amor e no sexo, as cousas nunca acaban sendo como un quixera.