Teatro

EL EUNUCO

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POR LA RED DE TEATROS

logo_comisiones

PREMIO CERES DO PÚBLICO AO MELLOR ESPECTÁCULO DA 60 EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO CLÁSICO DE MÉRIDA

PREMIO DO PÚBLICO AO MELLOR ESPECTÁCULO NO FESTIVAL DE TEATRO, MÚSICA Y DANZA DE SAN JAVIER 2014

PREMIO CERES DE LA JUVENTUD A MARÍA ORDÓÑEZ

PREMIO MÁX MELLOR ACTOR DE REPARTO PARA PEPÓN NIETO

Imaxínate en Atenas. Un mozo fogoso coas hormonas alborotadas. Namórase dunha escrava. A escrava, éo dunha cortesá. A cortesá ten un amante. O amante é o irmán maior do mozo fogoso, que quere facerlle un agasallo. Á cortesá. Por iso, lle compra un eunuco. Pero aínda non llo deu. O mozo decátase. Do do agasallo, do do eunuco. E, como acceder á casa da cortesá para poder namorar á escrava, tarefa fácil non é, decide suplantalo, substituílo. Ao eunuco.

DOSSIER

Prezo: 22 € (VR) / 25 €
Duración: 120 minutos

Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 25 de Setembro de 2015 | 20:30

SINOPSE

El Eunuco, de Terencio. Esta vez nunha versión divertida, trepidante e felizmente libre de Jordi Sánchez e Pep Anton Gómez. Nove personaxes enlouquecidos polo amor, os cartos, a paixón, o orgullo, os celos e os equívocos (¡tantos equívocos!). Nove personaxes, si. E outras tantas historias que se entrecruzan nunha montaxe que transita sen rubor polo teatro clásico grecolatino e o musical, a comedia de situación e o vaudeville. Nove personaxes, outras tantas historias e un ritmo endiañado no que pretende ser e será toda unha festa de principio a fin.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: ANABEL ALONSO, MARTA FERNÁNDEZ MURO, JORGE CALVO, ANTONIO PAGUDO, PEPÓN NIETO, JORDI VIDAL, MARÍA ORDÓÑEZ, ALEJO SAURAS, EDUARDO MAYO. VERSIÓN LIBRE DE: JORDI SÁNCHEZ E PEP ANTON GÓMEZ. DIRECCIÓN: PEP ANTON GÓMEZ. COREOGRAFÍA: CHEVY MURADAY. PRODUTORA MUSICAL: FACTORÍA MADRE CONSTRIKTOR. COMPOSICIÓN: ASIER ETXEANDÍA E TAO GUTIÉRREZ. DIRECCIÓN MUSICAL: TAO GUTIÉRREZ. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: MIGUEL ÁNGEL CAMACHO. DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: EDUARDO MORENO. DESEÑO DE VESTIARIO: SANDRA ESPINOSA. XEFE TÉCNICO: DAVID PÉREZ ARNEDO. XEFE DE PRODUCIÓN: RAÚL FRAILE. AXUDANTE DE PRODUCIÓN: ISABEL SÁIZ.

IDIOMA: CASTELÁN