Ano 1940. Un pobo perdido na meseta castelá. É domingo e chega a camioneta do Cine. No desvencellado edificio que serve para todo improvísase unha proxección. A película: “El Doctor Frankenstein”. Durante noventa minutos polas rúas solitarias do pobo resoan as vellas palabras do mito romántico. No improvisado salón, entre os espectadores dúas nenas: chámanse Isabel e Ana. Seguen atentamente a proxección. Son irmás. A pequena, Ana, pregunta á maior por que o mostro mata e por que ao fin morre. Son as primeiras preguntas que Isabel resolve grazas á súa imaxinación: o mostro é un espírito que pode aparecerse sendo seu amigo e convocándoo a través de certas palabras. O que para Isabel é un xogo da imaxinación para Ana acaba sendo unha realidade vital.
Prezo: 6€ antes do 16.03.2017 / 8€ a partir de 17.03.2017 Duración: 95 Min. Idioma: Cast. Calificación: +13
Caimán Cuadernos de Cine organiza un ciclo de proxeccións no Teatro Colón de A Coruña coas 3 mellores películas da historia do cine español, votadas na Enquisa Caimán con motivo do número 100 da revista. Tras o éxito da campaña de "El Verdugo", chega a segunda película da lista: EL ESPIRITU DE LA COLMENA de Víctor Erice, presentada polo crítico Jaime Pena, membro do consello de redacción de Caimán CDC. Reserva as tras entradas canto antes para que se faga realidade esta ocasión única de ver de novo o mellor cine español no Teatro Colón.
EL ESPÍRITU DE LA COLMENA