Duración: 90 minutos
Calificación: +15
EXISTE A AMIZADE DESPOIS DO DIVORCIO?
Sandra e Ignacio acaban de divorciarse. En común teñen doce anos dun matrimonio que non funcionou e un fillo a punto de cumprir nove que non acepta a nova situación dos seus pais. Nin a Sandra lle apetece aguantar a Ignacio nin Ignacio está pola labor de finxir cordialidade ante Sandra, pero certos episodios escolares do seu fillo obrígaos a verse máis do desexable. Está claro que por moi lonxe que queiran ao seu ex, ambos están condenados a entenderse mentres sigan exercendo como pais. E se poñerse de acordo xa lles resultou imposible en doce anos de feliz matrimonio, agora esa idea parécelles do mesmo xénero que a película favorita do seu fillo … De ciencia-ficción.
TEXTO: FERNANDO J. LÓPEZ. DIRECCIÓN: QUINO FALERO. ELENCO: TONI ACOSTA, IÑAKI MIRAMÓN. ILUMINACIÓN: JOSÉ MANUEL GUERRA. ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: MÓNICA BOROMELLO. MÚSICA: MARIANO MARÍN. PRODUTOR: JESÚS CIMARRO. UNHA COPRODUCIÓN DE: PENTACIÓN ESPECTÁCULOS E LA CABRA SRA. PENDLENTON.
DE MUTUO DESACUERDO
Comedia que retrata as novas familias do século XXI na que non hai nin bos nin malos, tan só dous personaxes que se equivocan e que intentan emendar eses erros do mellor xeito posible. Na obra abórdanse temas como a parella, a paternidade ou a familia dende un punto de vista que evita toda clase de discursos morais ou simplificadores, e onde ambos personaxes posúen as súas propias razón e argumentos, de xeito que sexa o público quen busque con cal deles desexa identificarse.
DOSSIER