Música

CoruFest

DE FESTIVAIS

 

#Corufest nace na Coruña (Galicia) como un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións que dean visibilidade á liberdade afectivo-sexual e que sexa lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social.

#Corufest ten o respaldo do Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Teatro Colón, Fundación Luís Seoane e Teatro Rosalía de
Castro para a realización da primeira edición en maio do 2019.

#Corufest non só aposta por unha forte programación dentro do social, tamén ten un claro rigor artístico. Miraremos cara a dentro da Comunidade galega, que ten un gran peso en temas de diversidade dentro das artes escénicas, pero tamén cara a fóra, dentro do territorio nacional, onde se producen pezas escénicas de gran valor tanto social como artístico.

Día 10: MIGUEL DE MOLINA, EL MUSICAL
Miguel de Molina é a mellor encarnación que deu España da suxerente mistura entre vangarda e tradición. Poñía pasión e amor sobre o escenario, pero resultou molesta para moitos por ser un fenómenos de masas, de esquerdas e abertamente homosexual. Artista de raza, veuse obrigado a emigrar a Arxentina.

Nesta obra a personaxe volve para contar a súa verdade, dende a súa infancia ata os fugaces encontros con Lorca e a tortura que padeceu xa rematada a Guerra. No é só unha homenaxe á súa figura ou unha biografía musical, é a necesidade de contar a través da súa vida algo que atañe ao noso presente e de poñer a copla no lugar que lle corresponde, como unha arte popular que xordiu en tempos de liberdade e seduxo a grandes como Rafael de León, Manuel de Falla ou ao mesmo Lorca.

Día 11: CLOSET e PUTOCHINOMARICON

Prezo: 10€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 10 de Maio de 2019 | 20:30
  • Sábado, 11 de Maio de 2019 | 20:00
  • Sábado, 11 de Maio de 2019 | 21:00