Música

Concerto ‘Tributo galego-portugués a Rosalía e Zeca Afonso’ | Canto D’aqui, Iria Estévez e Pedro Jóia

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Na semana que se conmemora o Día das Letras Galegas, o grupo Canto D’Aqui convida a Pedro Jóia e Iria Estévez, dous coñecidos nomes do panorama musical portugués e galego, a un Concerto Homenaxe a Rosalía de Castro e Zeca Afonso, dous autores moi admirados en toda Galicia que a través da música e da poesía fixeron unha gran contribución á cultura galega.

Pedro Jóia interpretará á súa guitarra obras emblemáticas de José Afonso, nunha homenaxe do instrumentista á forza das melodías de Zeca, e Iria Estévez, cantante galega, coa súa voz doce, profunda e altamente expresiva, cantará a poesía de Rosalía de Castro.

Neste concerto tamén se escoitará o carácter sonoro e tradicional dos instrumentos e voces do grupo Canto D’Aqui, nunha homenaxe a temas que marcaron unha época, pero que perduran ata a actualidade, gardando sempre a súa mensaxe e a memoria dos seus autores vivos… Neste concerto participarán os actores galegos Isabel Risco e Fran Rei.