Música

Coa nosa voz | Uxía presenta ‘Santa Liberdade. Un soño compartido’

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Uxía traerá un repertorio cheo de sabores e cores, luminoso e mestizo, froito dos seus case 40 anos de carreira nos que renovou a música tradicional conectando coas culturas atlánticas.
Ademais dos seus últimos traballos tamén se aproximará á música tradicional da Galiza e Portugal e a unha nova lectura da rica obra do Zeca Afonso, un exemplo e un modelo de como combinar as raíces e unha linguaxe propia, o compromiso e a beleza, o lirismo e a realidade.

Conmemorando os 50 anos da Revolución dos Caraveis recupera as cancións máis representativas das autoras e autores que foron a B.S.O naquela altura. Tamén aporta temas propios sobre poemas de Sophia de Mello Bryner, Luisa Villalta, Manuel María, Uxío Novoneyra e Rosalía de Castro e algún tema inédito dedicado a José Afonso e a súa relación coa terra galega así como o poema que conta a historia do transatlántico Santa Liberdade, a aventura romántica que uniu a galegos e portugueses para denunciar as dictaduras de Franco e Salazar.