Música

Coa nosa voz | Ugía Pedreira presenta ‘Basal’

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

O espectáculo en directo de Basal é unha viaxe continental entre a rave e a foliada, o clube de jazz e a discoteca dos 80, a danza tribal e os rituais espirituais. Cuba, Brasil e Galiza abrázanse neste concerto, onde as artistas combinan o rock, o jazz, a MPB e o clásico, levando todas as cancións da autora a novos lugares.

A súa posta en escena é de alta potencia dinámica, bailábel en varios estilos, con dosis de improvisación e interacción co público, proceso básico para Pedreira. Tornar cada concerto nunha comunicación transparente, de ti a ti, inclusiva entre artista e espectadores, inclusiva para todas as capacidades.

  • UGÍA PEDREIRA | Guitarra, percusións, voz
  • MAURICIO CARUSO | Guitarra
  • LORENA CACHITO | Batería, percusións, coros
  • ALEJANDRO VARGAS | Piano, sintetizadores