Música

Coa nosa voz | Guadi Galego presenta ‘Síntese Horizonte’

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Síntese Horizonte é o novo espectáculo de Guadi Galego, expresamente concibido para representar, ao vivo, sobre as táboas dos teatros de Galicia. Síntese Horizonte é unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, Guadi foi aprendendo a desaprender o establecido. Agora ela, acompañada dunha portentosa banda, e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena, confirmará o que desexabamos ver, sentir e escoitar: a firme crenza do poder transformador da música ao vivo.