Humor

CANCO RODRÍGUEZ, YO NO SOY GRACIOSO

CANCO RODRÍGUEZ, actor de orixe malagueña, comezou a súa andaina facendo espectáculos de teatro de rúa na su aterra natal para máis tarde mudarse a Madrid e continuar os seus estudos na prestixiosa escola de interpretación CNC (Centro de Novos Creadores) de Cristina Rota. É sobradamente coñecido polo seu papel de “El Barajas” na exitosa serie “AÍDA” (2005 a 2014), sen embargo ten no seu haber a aparición noutras moitas series como “Bicos Malo (Nunca muere)” (2009) ou en “Los Serrano” (2007).

Ademais da súa amplia experiencia no mundo do teatro, actuando nas obras como “Misión Florimón” dirixido por Joe O’Curneen, “Tonta ella, Tonta él” dirixida por Eduardo Aldán o “Maria Sarmiento” ás ordes de Fernando Romo. O polifacético actor tamén se atreveu co musical (“Hoy no me puedo levantar” dirixido por David Ottone) e o cine (“Fuga de Cerebros 2: Ahora en Harvard”, 2011, “Fuga de Cerebros” 2009 e “La Fiesta”, 2003), aínda así a súa curiosidade e habilidade levárono a producir o último traballo musical do artista ALFA, “Destierro en San Dimas”.

 

Prezo: 12 € (VR) / 14 €
Duración: 90 minutos

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 23 de Maio de 2015 | 20:30

SINOPSE

YO NO SOY GRACIOSO é un espectáculo no que o actor CANCO RODRÍGUEZ confesa públicamente a súa incapacidade para facer rir ao público. Mediante probas empíricas irá demostrando esa teoría, aínda que, por algún motivo descoñecido, é frecuente descubrir como os espectadores que asisten ao show rematan rindo sen parar fronte ao incomprendido actor.