Música

A BMMC convida a Javier Viceiro

BMMC NO COLÓN

 

O director Javier Viceiro é un coñecedor da nosa Banda e asiduo convidado na programación da BMMC. Neste caso presenta un singular repertorio onde destaca a participación do pianista coruñés Javier Ares e a sinfonía nº9 de Dmitri Shostakóvich, unha sinfonía cunha ironía e un sarcasmo mordaces. A repulsión que o músico sentía polo réxime ditatorial do seu país plásmase neste traballo. Debía ser a ‘Novena sinfonía’ soviética, pero Shostakóvich non puxo nin coro nin solistas, e non engadiu ningún final apoteósico; ao contrario, desde o inicio o ton burlesco provocou unha censura da obra, que non se puido gravar ata tres anos despois da morte de Stalin.

Repertorio:

  • Abertura Carnaval | A. Dvorak / arr: J. Schyns
  • Three Movements | A. Waigneim (for piano and Symphonic Band)
  • Sinfonía nº9 D. | Shostakovich / arr: H. Mertens

 

Artistas:

  • Banda Municipal de Música da Coruña
  • Solista: Javier Ares
  • Dirección: Javier Viceiro

 

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 11 de Febreiro de 2024 | 12:15