Teatro

BALOR NA ACCIÓN DUNHA CADEIRA [RESIDENCIA TÉCNICA]

ESTE ESPECTÁCULO CONTA CO APOIO DE
AGADICcor
TC residencia tecnica_horizontal_sin fondo
O proxecto de Roi Fernández ‘Balor na acción dunha cadeira‘ forma parte do programa de Residencias Técnicas, dentro da liña de apoio á creación do Teatro Colón.

Balor_accion_cadeira_cartel

Prezo: 7 € (VR) / 10 €
Duración: 80

Calificación: + 11

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 6 de Febreiro de 2015 | 20:30
  • Sábado, 7 de Febreiro de 2015 | 20:30

SINOPSE

Roi recibe unha vella película procedente de New York. Na lata, únicamente unha etiqueta: "Sociedad Sada y Contornos, 1920". A mesma sociedade de emigrantes á que pertencía o seu bisavó.
Mordido pola curiosidade, leva a película ao Laboratorio de Reconstrucción Fílmica.
Unha nena bailando sobre unha cadeira é o único que amosan os poucos fotogramas que sobreviven ao balor e á humidade. O resto haberá que imaxinalo.
O proceso de reconstrución do vello filme irá revelando os intres esquecidos, os movementos borrados, os soños soterrados dos devanceiros que forman a orixe de Roi, espertando a necesidade de coñecer o seu propio pasado:
Unha dinastía esquecida, formada por xentes que simplemente bailaban sobre unha cadeira...
A partir das hipóteses e reconstrucións actorais dos baleiros do filme, "Balor na acción dunha cadeira" revisa a nosa tradición migratoria máis oculta, reflexionando sobre a multiplicidade da historia, a educación, a cultura ou a relixión... por medio dunha linguaxe contemporánea, unha posta en escena vangardista na que se combinan o documental, Cine en Directo, o vídeo mapping, a iluminación e a composición sonora nun proceso de creación multidisciplinar.



FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN, ESCENOGRAFÍA, VÍDEO EN DIRECTO. ROI FERNÁNDEZ. DRAMATURXIA. ROI FERNÁNDEZ sobre o traballo de viewpoints e composición de ARTESACÍA. ELENCO. LAURA VILLAVERDE, SIMÓN PIÑÓN, GUSTAVO FOUCE. DESEÑO DE ILUMINACIÓN. HÉCTOR PAZOS, ROI FERNÁNDEZ. ESPAZO SONORO. MADAMME CELL. PRODUCIÓN. ARTESACÍA.