Teatro

AMIGOS ATA A MORTE

AMIGOS ATA A MORTE é unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que todos queremos para as nosas vidas pero que como é ben sabido, se se mesturan moitas veces estouran … Nacho, Ángel e María. Dous homes, unha muller… e claro, polo menos un par de historias de amor. Eles son tres amigos dos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou ao mellor non. Un xiro inesperado deixará patas arriba a vida dos protagonistas, que terán que ver doutro xeito a súa amizade.

Que farías se a túa parella decidira deixarte? E se marchase co teu mellor amigo? Perdoarías aos dous, a ningún, só a un dos dous? É mellor mentir á persoa que máis queres para evitar que o pase mal? É mellor sempre a verdade que a mentira?  Unha ‘verdade a medias’ é unha mentira de dúas persoas? Poderías perdoar calquera cousa por amor? E por amizade? Que é máis forte, o amor ou o rancor? Que farías polo teu mellor amigo? E chegado o caso, que lle farías ao teu mellor amigo?

Prezo: ANTICIPADA 12€ (V.R.) / 15€ (Principal) / 18€ // DÍA FUNCIÓN 12€ (V.R.) / 17€ (Principal) / 20€
Duración: 90 Min.
Idioma: Gal.
Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 29 de Abril de 2017 | 20:00
  • Sábado, 29 de Abril de 2017 | 22:30

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: XOSÉ A. TOURIÑÁN, LEDICIA SOLA, DAVID AMOR. DIRECCIÓN: XAVIER VEIGA.