Ópera

A RAÍÑA LUPA

DepCor_cor_horiz            OSM logos pegatinas

ACTO I

Sete discípulos do Apóstolo Santiago regresan nunha barca co seu corpo decapitado ás terras onde predicou o cristianismo. Arribando nos dominios da Raíña Lupa, pediranlle un lugar para enterralo, pero non saben que ela sofre unha maldición polas noites por expulsar fai tempo a Santiago do seu territorio. En vinganza, mándaos ir ás terras de Régulo, Sacerdote do Sol, que tamén expulsou con anterioridade a Santiago e o seu pobo foi castigado por Deus.

 ACTO II

Durante esta viaxe, no solsticio de verán, prodúcese unha eclipse de sol no que Lupa e Régulo poden liberarse da maldición e xuntarse brevemente na escuridade. Nese intre, Lupa quédase embarazada del. Por outro lado, Régulo manda encerrar aos discípulos de Santiago, pero un lóstrego mandado por Deus, abre a cela e os discípulos escapan cruzando unha ponte sobre un río. Régulo trata de darlles alcance, pero outro raio destrúe a ponte e o perseguidor cae sendo levado pola corrente.

ACTO III

De regreso ás terras de Lupa, os discípulos contan o acontecido e esta ofrécelles un carro e dous bois mansos para levar os restos de Santiago, mais é un engano, pois os bois non están domados e para chegar a eles hai que pasar por unha cova na que vive un dragón. Non obstante, os discípulos de Santiago, só con amosar a cruz, vencen ao dragón e amansan aos bois.

Lupa, abraiada polo poder dese deus, decide converterse ao cristianismo.

Nese momento aparece nas augas Régulo, que foi salvado por acción de Deus, e ambos se converten. Pola súa parte, os discípulos seguen o seu camiño.

 

Prezo: ANTES 24/06: 7 € (VR) / 10 €. A PARTIR DE 25/06: 10 € (VR) / 15 €
Duración: 165 minutos
Idioma: GAL
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 2 de Xullo de 2016 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

MÚSICA: FERNANDO V. ARIAS. LIBRETO: XOÁN PÉREZ. INTÉRPRETES: TERESA NOVOA (LUPA), JAVIER PALACIOS (RÉGULO), DIEGO NEIRA (TEODORO), AXIER SÁNCHEZ (TORCUATO), CLARA JELIHOVSCHI (BRIANA), ALBA LÓPEZ (EIRE), Mª JOSÉ LADRA (BRENDA), GABRIEL ALONSO (ATANASIO), CORAL POLIFÓNICA FOLLAS NOVAS. PIANO: GABRIEL LÓPEZ. DEBUXOS: MANUEL RAJAL