Danza Moderna

A ORIXE [espectáculo didáctico]

Espectáculo dinámico, divertido e didáctico. Percorre a historia do hip hop dende os seus inicios en New York nos anos 60 ata a actualidade. Durante o espectáculo, nos servimos dunha voz radiofónica externa que fala co público e coas dúas personaxes, diferentes coreografías, atrezzo, gags e expresións teatrais e xestuais axudan a que os espectadores gocen e entendan o que se lles está explicando.
Os diferentes estilos de hip hop teñen diferentes estéticas e accesorios para interpretalos. En “Orixe” utilizamos vestiario típico de cada estilo, formando ós espectadores tamén a nivel estético e axudándolles a poñerse en situación na época e no estilo do que estamos a falar.
Para este espectáculo, fixemos unha labor de investigación nas cancións que marcaron cada estilo na súa determinada década, procurando rescatar certos “tesouros” tanto da música Funk, como da actual, aínda que sempre sopesando a súa orixinalidade e calidade. En xeral, moitos dos temas utilizados son instrumentais, para non entorpecer as explicacións e non distraer ós espectadores do tema a tratar.
A variedade de estilos nos que se poden mover as dúas integrantes da compañía, fan posible a creación de coreografías de estilos tan diferentes como o Locking, o B-boying, o New Style, o Krump… e así, os espectadores de “Orixe” gozarán de variadas, divertidas e elaboradas coreografías, fieis aos orixes e evolucións de cada estilo.

Prezo: 6 € (VR) / 8 €
Duración: 50 minutos

Calificación: +6

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 15 de Marzo de 2015 | 18:00

SINOPSE

O hip hop sempre foi un elemento canalizador da ira e da decepción dos máis desfavorecidos, unha alternativa pacífica ás pelexas, ás drogas, á delincuencia xuvenil, e tamén unha vía de expresión e escape para os problemas e desafeccións propias dos máis mozos da nosa sociedade.

Co hip hop, exprésanse libremente e libran pacificamente as súas “batallas” mediante o baile. Consideramos que é unha necesidade achegar aos mozos unha

alternativa saudable ós seus problemas, que ademais é próxima para eles. Séntense identificados co hip hop. Destas reflexións nace “Orixe”, seguidas dun proceso de investigación exhaustivo da cultura urbana.



FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN, INTERPRETACIÓN E COREOGRAFÍA: ALBA FERNÁNDEZ COTELO, ESTEFANÍA GÓMEZ CASCUDO. ASESORAMENTO NA DRAMATURXIA: RAMIRO NEIRA. ASESORAMENTO PEDAGÓXICO: ESTEFANÍA VÁZQUEZ SEOANE. ESPAZO SONORO: LUIS ESMORÍS. COMPAÑÍA: AS DRIADAS.