MATINAIS -Música
EVENTO INFANTIL INFANTIL

A festa continúa

Mamá Cabra

Que bonita é a vida! Chea de cores, de sons, de risas… A vida póusase nas nosas meixelas polas mañás e decide quedarse e viaxar a carón de nós. Mais esta é a historia dun rapaz que non sinte cóxegas nas fazulas e decide deixar de soñar. Sen embargo a música, o amor e a amizade faranlle volver a quecer as meixelas e devolveranlle unha alegría que todos acabarán celebrando cunha gran festa. Mamá Cabra preséntanos un novo espectáculo en formato músico-teatral que é un canto á vida e a todas as súas manifestacións. Con el conseguirá seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.

Prezo: 3 €



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 18 de Marzo de 2018 | 12:00

FICHA ARTÍSTICA

PARTE MUSICAL: Gloria Mosquera, voz e guitarra; Tomi López, Baixo; Harry Prince, violín; Javier Constenla, piano; Iago Rodríguez Torres, batería. PARTE ACTORAL: Teatro dos Ghazafelhos (Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas), María Pardo e Luís Iglesias “Luchi”