Teatro

A CABEZA DO DRAGÓN, Producións Teatrais Excéntricas

‘A cabeza do Dragón’ foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, ‘Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo.

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino.

Axudado por unha máscara para ocultar a súa identidade, Verdemar mata ao Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do mostro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino.

Ela rexeita ao impostor, e aquí é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a coidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade.

Esta fábula, que é do dominio público, está brillantemente manipulado polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso … A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que el creou: o esperpento.

Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de ‘A Cabeza do Dragón’ no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.

Prezo: ANTES 10/03: 6 € (menores de 14) / 10 €. A PARTIR DE 11/03: 8 € (menores de 14) / 14 €
Duración: 85 minutos
Idioma: GAL
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 17 de Marzo de 2017 | 20:30
  • Sábado, 18 de Marzo de 2017 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

ESPAZO ESCÉNICO E ILUMINACIÓN: BALTASAR PATIÑO. VESTIARIO E DESEÑO GRÁFICO: SUSO MONTERO. MÚSICA: JAVIER MARÍA LÓPEZ. COREOGRAFÍA: IVÁN MARCOS. VERSIÓN E DIRECCIÓN: QUICO CADAVAL. REPARTO: MARÍA COSTAS, VÍCTOR MOSQUEIRA, IVÁN MARCOS, PATRICIA VÁZQUEZ, JOSITO PORTO, YELENA MOLINA, MARCOS ORSI, QUICO CADAVAL.