Duración: 60 minutos
Idioma: GAL
Calificación: TP
No ano 2021, unha súbita contaminación masiva provocada por ‘Os Outros’, obriga a evacuar a toda a poboación terrestre a Marte. Na terra só quedan catro ‘Escollidos’ cunha clara misión: salvar o planeta. Durante esta importante misión, os ‘Escollidos’ terán que enfrontarse a moitas situación arriscadas e atopar resposta a grandes preguntas: Quen son os ‘Outros’? Quen é esa rapaza que atoparon e que sempre acompaña aos ‘Escollidos’? Quen é a criatura salvaxe que vive entre o lixo do vertedoiro? Por que lado se toma unha rotonda? Estas preguntas e moitas máis quedarán respondidas ao longo desta aventura.
TEXTO ORIXINAL E DIRECCIÓN: JOSE PRIETO. PRODUCIÓN: ESCOLA DE TEATRO-PADROADO DE CULTURA DE NARÓN. RESPONSABLES DE PRODUCIÓN: FLOR MACEIRAS, CELIA GONZÁLEZ, ROSI CANEIRO. AXUDANTÍA DE DIRECCIÓN, ATREZO, CARACTERIZACIÓN E VESTIARIO: CELIA GONZÁLEZ. ESPAZO ESCÉNICO: MANUEL AREOSO. CARPINTERÍA: EMILIO ROMERO FABAL. ILUMINACIÓN: DAVID DEIVE. PERSOAL TÉCNICO DE ESCENA: EVA MATAS, ÁNGEL SÁNCHEZ, RUBÉN COUCE, MARTÍN VÁZQUEZ. ASESORAMENTO TÉCNICO EN MATERIA DE EDUCACIÓN VIARIA: PEDRO CANEIRO, SONIA LÓPEZ, SIMÓN CABARCOS. REPARTO: SUSANA MAURIZ, CRISTINA BALSEIRO, ISABLE ACEDO, XONE SANLÓPEZ, XOÁN PADÍN, LIDIA PIÑEIRO, CARMEN CAEIRO, MAITE GAYET, LUIS PILLADO, XOSÉ BARREIRO, ALEX COMBARRO, ÁNGEL VILLAR.
‘2021, unha odisea na terra’ [V MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]*
*Ao remate da función haberá unha mesa redonda coa participación de Luciano Fernández – técnico de cultura de Narón- e Flor Maceiras – directora da Escola de Teatro de Narón-.
‘2021, unha odisea na terra’ é unha comedia familiar de aventuras sobre os problemas causados pola contaminación ambiental, que pretende promover boas prácticas persoais e sociais para o coñecemento e coidado do entorno natural e potenciar, de maneira transversal, a educación nos valores relacionados co bo uso e goce dos espazos urbanos e rurais nos que centra o seu labor o Programa de Educación Viaria do Concello de Narón. O texto orixinal de Jose Prieto foi creado para o elenco e equipo artístico encargado da súa posta en escena, inspirado nas actividades que desenvolve o Grupo de Educación Viaria da Policía Local de Narón e contando co asesoramento do persoal técnico responsable. O espectáculo, que ten unha duración aproximada de sesenta minutos, está dirixido a público infantil e familiar.