BMMC | O paxaro de lume

  Artistas: Banda Municipal de Música da Coruña Dirección: Juan Miguel Romero Llopis A suite sinfónica do ballet O paxaro de lume, de I. Stravinsky (1882, Lomonósov – 1971, Nova York) protagoniza un programa repleto de música de danza. O programa complétase cunha das pedras angulares do repertorio bandístico, Dionysiaques, de F. Schmit (1870, Meurthe…

Valeria Castro

Valeria Castro é dona dunha voz sensible, fráxil, propicia para o calafrío. O seu primeiro álbum, con cariño y con cuidado, é unha radiografía da alma formulada en primeira persoa; un exercicio de autoestima e amor propio e, sobre todo, a constatación de que o seu asinante só sabe falar daquilo que verdadeiramente lle concirne…

Swans + Maria W Horn – Europe tour 2024

Special guest Maria W Horn Único concerto en Galicia e un dos 3 únicos que realizará en toda España a lendaria banda estadounidense de rock experimental SWANS. Formada en 1982 polo icónico cantante, compositor e multiinstrumentista Michael Vira, Swans é un dos poucos grupos que xurdiron da escena non wave neoiorquina e permaneceron intactos ata…

Orquestra de Cámara Galega | Concerto homenaxe ao mestre Rogelio Groba

Rogelio Groba é referente no mundo da música, con máis de 720 obras que abranguen un espectro diverso, incluíndo un requiem, sinfonías, concertos, microconcertos, cantatas, suites e moitas outras formas musicais. Este prolífico compositor, nado na idílica aldea de Guláns, Pontevedra, mergullouse nas ricas tradición na etnografía galega, reflectindo as verdes paisaxes, a tradición, a…

Luar Na Lubre XX. Encrucillada

  Luar Na Lubre, o grupo máis internacional do folk en Galicia, presenta as cancións do seu novo traballo Luar Na Lubre XX. Encrucillada, editado en formato libro-disco, que recolle algúns dos temas máis emblemáticos do seu amplo repertorio, coa participación de diferentes voces que pasaron polo grupo, ademais dunha cronoloxía fotográfica e literaria da…

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre | Axúdame a sentir

  “Axúdame a sentir” dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio…

BMMC e Coral El Eco | Concerto de Nadal

BMMC NO COLÓN Nesta ocasión a BMMC preséntase acompañada da coral El Eco para interpretar este programa de Nadal. O formato do Concerto de Nadal préstase a un repertorio adecuado a estas festas tales como ‘Panxoliñas’ ou outras composicións de inspiración do Nadal, pero tamén a un repertorio desenfadado que fará as delicias do público…

Leilía | Anque me vou non me vou

Anque me vou non me vou, que ben reflicte o noso sentir! Neste espectáculo mesturamos temas novos, do noso último traballo discográfico, Vidas Cantadas, con vellas sonoridades de Leilía e a combinación de tempos e sons en nós está facendo agromar sentimentos de alegría, sorpresa, celebración, nostalxia…, dos que esperamos contaxiar ao noso público. Certo…

BMMC | Alfred Reed vs Antón Alcalde

  Unha mesma fonte inspiradora é capaz de xerar visións musicais totalmente distintas. É o caso do singular programa que presenta a BMMC. Un mesmo título para dúas composicións inspiradas no famoso libro de ensino budista chamado Lotus Sutra. Un compositor histórico do panorama bandístico como Alfred Reed (Nova York, 25 de xaneiro de 1921…