BMMC no RESIS | OISEAUX EXOTIQUES

  Obras de J. de Meij, Olivier Messiaen, Eduardo Sutullo e I. Gotkovsky. Solista: Xulio Moureza Director: Juan Miguel Romero Llopis

Orquestra Gaos | Paixón por Galicia

A Orquestra Gaos cumpre 15 anos e para celebralo contamos con dous clarinetistas excepciones: Juan Ferrer, solista da OSG, e o seu fillo Álvaro Ferrer, academista da Belgian National Orchestra, que nos ofrecerán o concerto para 2 clarinetes op.35 de Krommer. Para completar o programa ofreceremos a Sinfonía nº2 de Andrés Gaos, composta cando o…

BMMC

  Concerto de clausura da temporada 2023/2024 Convidada: Aida Cruz Trompa solista: Juan Manuel Gómez, da Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya Coro Cantábile Director: Juan Miguel Romero Llopis

XI Dálle Donaire

A Asociación Cultural Donaire celebra a décimo primeira edición do seu festival Dálle Donaire, no que renderá homenaxe ás mulleres como transmisoras da nosa música e baile tradicional.

Maio Jazz | Do jazzmín ao jazz, de Charo Quicler & Band

  Do Jazzmín ao Jazz é o proxecto máis persoal de Charo Quicler, unha homenaxe ás mulleres que nos anos 40 irromperon no mundo do jazz. Ata ese momento elas, que adoitaban perfumarse con xasmín para entrar nas salas da época, tiñan un papel irrelevante; eran os solistas masculinos os auténticos protagonistas. A chegada de…

Maio Jazz | Miguel Seoane Trío

  O saxofonista coruñés residente en Ámsterdam, Miguel Seoane, ven a presentar a súa última aventura musical á cidade: o Miguel Seoane Trío, que en febreiro editou o seu primeiro EP Live at Bimhuis. Xunto a Mauro Cottone no contrabaixo e Giacomo Camilletti na batería, están a procura de desafiar os límites da música que…

Maio Jazz | Contradictio, de Xose Miguélez & Jean-Michel Pilc Quartet

  Con Contradictio o saxofonista Xose Miguélez consolídase na escea do jazz internacional. Hray Attarian (All about jazz) Jean-Michel Pilc parece ter chegado do ceo coas súas ideas e técnica completamente formadas. Ben Ratliff (The New York Times) Onde queira que este cuarteto toque, acudan a escoitalos. George W. Harris (JazzWeekly) Despois da grande acollida…

Maio Jazz | Isto é Jazz!, de Xacobe Martínez Antelo Quinteto

  A traxectoria profesional de Xacobe Martínez Antelo deixa un balance de máis de 4o discos dos que forma parte como baixista, contrabaixista ou director musical. O seu songbook persoal, só no eido do Jazz, sobrepasa xa as 70 composicións orixinais; material publicado nas distintas entregas discográficas que o contrabaixista de Compostela foi deixando polo…

Maio Jazz | Nómade, de Marcos Coll

  Despois dunha carreira de trinta anos, principalmente no terreo do blues, acompañando a lendas do xénero por festivais de todo o planeta, Marcos Coll adéntrase nas súas raíces dando lugar a un crossover de cancións moi melódicas, cantadas a través dunha das harmónicas máis importantes a nivel mundial e que abarca desde muiñeiras galegas,…

BMMC

  Director convidado: Manuel Godoy.