Ugia Pedreira: A Pedreira

  A Pedreira é a nova proposta escénica da artista Ugia Pedreira. É un espectáculo que acredita na música como unha arte escénica. Guitarra en mao pasa por múltiples misturas sonoras, desde unha dama vintage do blues da galeguidade á cantautora de numen folk americano, ou latinoamericano, unha rapera trad ou unha sofisticada pandereteira galega…

Do Natal aos Reis

  Cantos da Galiza e Portugal Catarina Moura: voz, percusións César Prata: voz, guitarras, adufe Ariel Ninas: voz, sanfona, campás Do Natal aos Reis. Cantos da Galiza e Portugal é un concerto temático sobre a tradición musical da Galiza e de Portugal. Tres músicos a tocar cancións propias das dúas beiras do Miño que comparten…

Emilio Rúa: Lendas no Camiño

  Emilio Rúa amosa dun xeito intimista con guitarra e piano parte das lendas que recopilou durante 20 anos convertindoas en cancións e que se plasmarán nun disco no 2021. Como di o autor “profundizo nesta temática galega que é parte do noso Patrimonio Cultural Inmaterial, moi valioso, que resistiu o paso do tempo e…

Premios ‘Narf’

  Concerto final do Concurso Fran Pérez ‘Narf’ para grupos e artistas musicais. As bandas finalistas que actuarán son Caldo, Ukestra do Medio, Crnds, Koroiev e Momboi.

Fuliada na Vila

Banda de 11 músicos dirixidos por Richi Casás cun arranxos preciosistas de jazzband sobre as músicas galegas de tradición oral. O repertorio sobre o que bebe este proxecto parte de gravacións que a musicóloga suíza Dorothé Schubarth recolleu na casa de Rosa e Adolfina no ano 1980, punto de partida da aposta artística. Sobre esta…

Rodrigo Cuevas – Corufest 2020

En 2019 estrenou o seu terceiro espectáculo, Trópico de Covadonga, do que é protagonista e director. Trópico de Covadonga aborda o concepto do tempo e os ciclos do ano en formato de cancioneiro popular contemporáneo. Suma a historias e cancións folclóricas códigos musicais actuais así como humor, performance e electrónica. Este espectáculo está producido por…

Banda Municipal de Música de A Coruña: En Petit Comité

Volvemos a abrir as nosas portas ao público da man dunha das formacións enseña da nosa cidade, a Banda Municipal de Música de A Coruña, que actuará baixo a batuta de José Trigueros. A reapertura realizarase con estrictas medidas de seguridade, polo que o aforo reducirase e para acceder será preciso retirar invitacións previamente a…

Banda Municipal de Música de A Coruña | A xenerosidade: agasallos musicais

Segunda cita nesta ‘nova normalidade’ coa Banda Municipal de Música de A Coruña, que estará dirixida polo maestro David Fiuza. O concerto realizarase con estrictas medidas de seguridade, polo que o aforo reducirase e para acceder será preciso retirar invitacións previamente. En breve estarán dispoñibles. Benvidos!

Corufest 2020: Nuevamente ante ti fascinado

Espectáculo escénico de Daniel Abreu. CORUFEST Corufest naceu na Coruña (Galicia) como un Festival de artes escénicas que aposta pola programación de accións que dan visibilidade á liberdade emocional-sexual e que é un lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social. Un ano máis o Teatro Colón da Coruña é un dos escenarios do Festival,…

Corufest 2020: Rodrigo Cuevas

Axitación folclórica e electrónica, divismo de campo e humor, erotismo elegante, hedonismo e celebración dos dereitos innegociables. Fermosas coreografías contemporáneas; unha posta en escena que une elementos vintage con vídeo proxeccións e un vestiario que, unha vez máis, non deixará a ninguén indiferente, conxúganse nunha fórmula que a todo o mundo lle gustaría clonar, pero…

Faia

Un espectáculo íntimo, unha experiencia diferente na que deixarse levar pola verdade do canto. A voz e as percusións tradicionais de FAIA están acompañadas por Benxamín Otero no corno inglés e a caixa de música e por Hevi no son e na produción. Completa o espectáculo un tocadiscos no que xiran as gravacións orixinais das…

Gaizca Project

  Gaizca Project xurde da unión entre as pandereteiras galego-belgas Ialma, o trikitilari vasco Iñaki Plaza e o graller catalán Manu Sabaté. Un proxecto de creación para o encontro das músicas tradicionais e populares de Galiza, Euskadi e Cataluña desde unha óptica contemporánea, de apertura ao mundo e aos tempos.