Maio Jazz | Javier Otero Neira: Saraiba

  Piano e electrónica nunha clara aposta por unha estética contemporánea, con influencias da natureza e da vida cotiá. Abrir as fiestras para osixenarse e deixarse levar. Concerto en formato dúo (Javier Otero: Piano e electrónica / Iria Ramos: Baixo e sintetizadores).

Maio Jazz | Antón Quintela: ‘Nemólito’

  Antón Quintela é un baterista e compositor galego establecido na cidade de Porto. Formouse nos conservatorios da Coruña, na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e cos mestres John Riley e Ian Froman na cidade de Nova York como bolseiro da Deputación da…

Maio Jazz | Pablo Sanmamed Trío, ft Benjamín Otero: concierto de presentación del disco ‘Zugunruhe, inquietud migratoria’

  Compositor, contrabaixista, director musical e produtor, Pablo Sanmamed sempre tivo moitas funcións mais no corazón de todo o que fai. É, ante todo, un artista e un músico. Un contrabaixista cunha interpretación sinxela e conmovedora, capaz de irradiar unha beleza reflexiva, mais tamén un compositor e líder de banda que creou un mundo sonoro…

Maio Jazz | Cuarteto Federal

  Esta proposta quere provocar o encontro entre catro talentos do Jazz contemporáneo da España do século XXI. Catro músicos convocados dende a periferia tanto xeográfica como estilística: piano, batería, saxo e contrabaixo. Andalucía, Catalunya, Canarias e Galicia. Javier Galiana, Guillem Arnedo, Kike Perdomo e Xacobe Martínez Antelo. Esta reunión artística conecta catro músicos nados…

Maio Jazz | Iván Vilela & Pablo Castaño: concerto de presentación do disco ‘Mat[R]iz’

  O encontro de Ivan Vilela, virtuoso da viola de dez cordas –viola caipira– e un dos artistas máis influentes da música instrumental brasileira, con Pablo Castaño, nome referencial do novo jazz galego, revélasenos en Mat[R]iz, unha das principais novidades no panorama discográfico galego do ano. A dupla achega o seu toque persoal e orixinal…

EMHU | A banda sonora da nosa risa

  A Banda Municipal da Coruña e o Encontro Mundial de Humorismo únense de novo para ofrecer un espectáculo musical único. Se ben o ano pasado percorreron os temas máis coñecidos da historia da televisión ou do circo, este ano a Banda Municipal, baixo a dirección de Juan Miguel Romero Llopis, reinterpreterá himnos xeracionais coas…

RESIS | BMMC: Deserts

  Un ano máis, a Banda Municipal da Coruña participa dentro da programación oficial do Festival RESIS. Nesta ocasión ten como director invitado a José Trigueros, director asociado da Orquestra Sinfónica de Galicia, e como solista de percusión a Noè Rodrigo. O programa do concerto inclúe 3 obras: a estrea da versión revisada da nova…

Gala final do VI Concurso de Música Infantil e Xuvenil Quero Cantar

  O Quero Cantar recupera por fin o seu tradicional formato coa celebración da gala final no Teatro Colón. Nela, tres bandas infantís e tres bandas xuvenís seleccionadas en primeira instancia por un xurado de músicos e músicas profesionais deberán interpretar en directo as súas composicións para que un novo xurado, composto agora por mozas…

Alice Wonder | Elas Son Artistas

  A VI edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes Elas Son Artistas contará cun peche de luxo nesta edición: Alice Wonder. Tras un ‘sold out’ na mítica sala La Riviera de Madrid, Alice Wonder arranca un ano que promete consagrala dentro do panorama musical nacional. Alice está á cabeza dunha…