SMART

Culturactiva SMART, como un teléfono intelixente pode convertirte nunha idiota é unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móbiles. Tres pallasas enganchadas ao seu smartphone acoden a unha clínica de rehabilitación para superar a súa adicción. Desorientadas e sen o seu móbil, terán que aprender de novo a comunicarse e a vivir sen…

Os Fabulosos Cleaners

Malasombra Producións Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia. O autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo….

Aguratrat

Cía. Pérez&Fernández Aguratrat é unha adaptación teatral do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. É unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá…

O último dragón

Sarabela Teatro O dragón da nosa peza non é un dragón do común. Trátase do derradeiro da súa especie. Porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo se achegan…

A festa continúa

Mamá Cabra Que bonita é a vida! Chea de cores, de sons, de risas… A vida póusase nas nosas meixelas polas mañás e decide quedarse e viaxar a carón de nós. Mais esta é a historia dun rapaz que non sinte cóxegas nas fazulas e decide deixar de soñar. Sen embargo a música, o amor…

Baleadas

trasPediante Un xogo coas baleas, coas cores, e tamén co público de todas as idades onde danza, plástica, música, palabras e animación bailan e interactúan, refacéndose no mesmo espectáculo. A compañía trasPediante experimenta coa tecnoloxía creando sorpresas, risa e baleas en anaglifo, inspirándose no poemario Balea2 do poeta Estevo Creus.

Outono

Pistacatro Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego dá o seu mortal máis arriscado con Outono, un novo espectáculo no que reúne a parte dos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda: facerse maior. Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha…

Muiñada

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe que, por un malentendido coa quenda, se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer ó mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son…

As aventuras de Gale

A xanela do Maxín. Baseada na obra de Pepe Carreiro “Historia da lingua galega, do latín ao acento de Burgos”  

Gallaecia Gallaeciños. A historia do jazz

Un proxecto educativo, teatral e musical co que queremos facer chegar aos rapaces e rapazas a Historia do Jazz, dun xeito entretido e participativo para que aprendan divertíndose. O noso equipo artístico, formado por 6 músicos e 2 cantantes – actores, comezarán o concerto didáctico sendo escravos, que entre cadeas e algodón, achegarannos ao nacemento…