Vendado es amor, no es ciego

  Estreno en tempos modernos en España con instrumentos orixinais O outro título lírico agora en cartel será Vendado es amor, no es ciego, unha das obras más importantes do compositor español histórico José de Nebra, que se ofrecerá en versión de concerto os días 19 e 20 de setembro no Teatro Colón. O caso…

Paseando el swing. Swing Machine Orchestra

  Swing Machine Orchestra, ‘a primeira orquestra de cordas swing’. Unha proposta única, xenuína e aloucada con 12 músicos e bailaríns de diferentes procedencias; Cuba, Honduras, Arxentina e España para bailar ao ritmo frenético dos anos 30. A orquestra realiza un percorrido a través da época dourada do swing interpretando arranxos das grandes formacións de…

Pablo Castaño Quartet. Presentación de “A-la-láa”

Pablo Castaño Quartet. Artista convidada: Ugia Pedreira Pablo Castaño Quartet presenta o seu primeiro disco “A-la-láa”. Gravado en formación de cuarteto en xaneiro de 2018 que se presentará no Teatro Colón ao vivo por primeira vez, coa colaboración especial da cantante Ugia Pedreira. Que un destacado referente do Jazz galego tome como fío condutor do seu disco…

Big Band e Coro do Conservatorio Superior de Música da Coruña

PROGRAMA: “Sacred Concert” de Duke Ellington para Big Band, coro e solistas vocais. Director Big-Band: Traugott Graser Director Coro: Fernando L. Briones Solista vocal: Tabea Graser Sendo intérprete e director dunha das bandas de jazz máis importantes do século XX a faceta de compositor de Duke Ellington moitas veces pasa desapercibida, a pesar de que…

María do Ceo – De Portugal a Galicia Fado

De Portugal a Galicia Fado é un concerto onde María do Ceo, nos leva da man a esa Lisboa do Bairro Alto, cantando os estilos dos fados máis tradicionais, este espectáculo é un repaso da súa traxectoria de vinte anos de carreira musical.

Orquestra Gaos – Temperamento ruso

A Orquestra Gaos elixiu para esta ocasión un programa formado por dúas pezas do compositor ruso Tchaikovsky. A quinta sinfonía, con un leitmotiv presente en toda a obra dunha forma obsesiva e que representa o inevitable poder do Destino, e por outro lado a Fantasía – obertura sobre Romeo e Xulieta, cuxa versión é unha das máis heroicas e doces…

Ensemble Vigo 430 – Obras de Piazzolla e Nisinman

O Ensemble Vigo 430 conta nesta ocasión con tres extraordinarios músicos invitados para un programa con total protagonismo de Astor Piazzolla: a violinista Rusanda Panfili, a violista Dana Zemtsov e o compositor, arreglista e bandoneonista Marcelo Nisinman, do que tamén poderemos escoitar unha das súas creacións neste concerto, ademais de varios arranxos do xenial compositor…

Concerto Lisboa

Gonçalo Guerreiro O Concerto Lisboa celebra a revolución dos cravos de 25 de abril de 1974. Gonçalo Guerreiro, acompañado por un conxunto de excelentes músicos coruñeses, presenta un repertorio de temas en portugués a partir de poemas de Fernando Pessoa: “Estas cancións xorden das sensacións e pensamentos que foron nacendo en min ao longo dos…

Luis Emilio Batallán. Artista convidado: Pablo Milanés

Luis Emilio Batallán,  recoñecido polo público pola súa habilidade para musicalizar poemas de grandes referentes da literatura en galego, castelán e portugués, ofrece un concerto no Teatro Colón o 16 de febreiro as 21h.  Entre canción e canción Luis Emilio falará de anécdotas persoais compartidas con moitos dos poetas. Ahí ven o Maio, Quen poidera Namorala, Camiño Longo serán algunhas…

Concerto Solidario de DOA. 30 aniversario AI

30 ANIVERSARIO AMNISTÍA INTERNACIONAL CORUÑA Amnistía Internacional Coruña organiza un concerto de carácter solidario con motivo do 30 aniversario do grupo local e 40 de AI España. De maneira altruísta, o grupo de folk DOA ofrece un concerto cunha entrada-donativo que terá unha duración aproximada de 120 minutos, nos que se realizará unha pequena introdución…

CAFÉ QUIJANO – TOUR 2018

Cando se cumpren 20 anos desde o seu debut discográfico, Café Quijano regresan aos grandes escenarios con todo o seu potencial eléctrico e acústico. Nesta xira, os irmáns Quijano fan xustiza a todos os grandes momentos da súa carreira incluíndo tanto o pasado como o presente. Desta maneira, Café Quijano ofrecen un repertorio no que…