Teatro

Yllana | Campións da comedia

DE FESTIVAIS | FESTIGUAL

 

Gloria e Josete acábanse de independizar baixo a tutela de Claudia. Ante a necesidade de atopar un traballo para poder ter un soldo co que manterse, Claudia proponlles que tenten dedicarse a algo que lles guste de verdade. Eles queren ser artistas. Para iso deberían atopar un representante. E resulta que Gloria leva tempo falando cun a través dunha app de ligues… aínda que usando unha foto de Claudia sen que esta se decatase.

A pesar das súas reticencias iniciais, Claudia accede a atoparse con el para pedirlle, como favor, que represente aos seus amigos. Héctor, o representante, namorarase da que el cre que é Claudia, e, con tal de gañar puntos con ela, non lle importará usar a dous dos seus clientes menos ilustres, Alberto e Emilio, aos que ignorou durante moito tempo, como falsos produtores interesados en coñecer a Gloria e Josete. Héctor cóntalles a Alberto e Emilio que o que van facer é un casting no que interpretarán a dous produtores fronte a un par de produtores
auténticos que se farán pasar por aspirantes a actores.

Alberto e Emilio ven aquí a súa oportunidade para deixar as súas solitarias actuacións rueiras e conseguir, por fin, o seu soño de ser actores nunha obra de teatro de verdade.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 24 de Novembro de 2022 | 20:30