La visita, do grupo Carpe Diem Teatro Tomelloso (Castela A Mancha); Hamlet, de Suc de Teatre – La Tarumba Teatre (Comunidade Valenciana); Rebelión en la granja, de Alopargo Teatroa (Euskadi) e 1789, de Teatro en la Chácena (Navarra), son os espectáculos con máis nominacións nos Premios Nacionais Escenamateur Juan Mayorga das Artes Escénicas, que cumpren este ano a súa undécima edición. As catro montaxes suman 28 nominacións e os galardonados coñeceranse o 27 de abril nunha cerimonia no Teatro Colón.
A confederación escenamateur consegui que se visibilice a actividade imparable do teatro amateur de todo o Estado español cuns premios que xa van pola súa undécima edición. escenamateur leva máis dunha década traballando para dignificar e recoñecer o traballo que realizan os grupos de teatro amateur e, grazas a esta posición relevante no sector, nesta edición, como novidade, coñeceremos o gañador do Premio Max Afeccionado no transcurso da gala.
XI Premios Juan Mayorga