Danza

VICTOR ULLATE BALLET Comunidad de Madrid, ‘El Amor Brujo’

Unha revisión da peza que Víctor Ullate estreou o 28 de maio de 1994 na Maestranza de Sevilla. Para esta nova ocasión estréanse escenografía e vestiario, buscando dar maior protagonismo á luz – o fogo fatuo-, presente en toda a trama. Nesta versión lévase a cabo unha aposta musical rompedora coa inclusión do grupo de dark ambience In Slaughter Natives, que se suma aos efectos musicais creados por Luis Delgado para a versión orixinal e que conducen ao espectador a unha travesía entre a vida e a morte, unha viaxe cara o máis alá.

A obra, escrita por Falla a comezos do século XX e de marcado carácter andaluz, fonda no misticismo xitano, achegándose ao amor na súa forma máis primitiva e esencial. Conta a historia de Candela, unha moza xitana, cuxo amor por Carmelo vese atormentado polo espectro do seu antigo amante. Unha historia de amor e paixón, de bágoas e desconsolo, de bruxería e sedución, de morte e de danza.

A coreografía contén momentos de gran beleza, como Canción del amor dolido, Romance del pescador o Canción del Fuego Fatuo. Cabe destacar que esta versión inclúe tres cancións populares escritas por Manuel de Falla: Nana, Polo e Asturiana, ademais dunha variación de Paco de Lucía para José El Eterno Amante.

Unha nova versión de El Amor Brujo, distintos nas súas formas, pero eterno na súa esencia.

DOSSIER

Prezo: ANTES 01/01/2016: 25 € (VR) / 28 €. A PARTIR DE 02/01/2016: 28 € (VR) / 30 €
Duración: 95 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 17 de Xaneiro de 2016 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

COREOGRAFÍA: VÍCTOR ULLATE. DIRECTOR DE ESCENA: EDUARDO LAO. MÚSICA: MANUEL DE FALLA, LUIS DELGADO, IN SLAUGHTER NATIVES. DESEÑO DE ILUMINACIÓN E ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS: PACO AZORÍN. ASISTENTE DE DESEÑO DE ILUMINACIÓN: PEDRO CHAMIZO. VESTIARIO: MARÍA ARAUJO. TALLER DE TINTURA: MARÍA CALDERÓN. DESEÑO DE SON: MIGUEL LIZARRAGA. CREACIÓN DE VÍDEO: GREYMAN.