Tregua Xoves de Música Logo
Concerto

TREGUA [XOVES DE MÚSICA]

XovesdeMusica_LOGOS

A nova sensación do rock en español

  • Máis de 120 concertos por toda España, compartindo escenario cos mellores artistas de rock deste país
  • O seu novo single ‘Como un gato en un tejado’ superou as 30.000 visitas ás poucas semanas da súa presentación
  • O seu single ‘Cuéntame’ xunto a Revólver soando nas principais radios do país tivo unha gran aceptación entre o gran públicos
  • Máis de 5000 exemplares vendidos do seu traballo discográfico

Tregua temos baixo o brazo para 2016 o noso terceiro disco. Tras a fantástica acollida de ‘Luces y Sombras’ o noso obxectivo era superar este traballo e sorprender con algo grande e dunha calidade sen tacha. Un reto, un obxectivo e un paso necesario.

Cada etapa de Tregua estivo marcada por un álbum que contén un son, un camiño e diferentes mensaxes en forma de canción que caracterizaron ese período concreto de tempo. Levamos máis de un ano preparando o noso terceiro disco e acabamos de comezar a gravalo nos estudios Noisy House baixo a tutela de Fernando Montesinos (Pereza, Poncho K, Hombres G, Estopa, Obús…) e Bori Alarcón (Dani Martín, Leiva, Despistaos, Los Secretos, Ariel Rot, …)

O seu título, ‘Tregua’. Decidimos titulalo así porque entendemos que este novo traballo supón o final da busca que toda banda se propón ao iniciar a súa carreira, un disco que reflicte a música que sempre quixemos amosar.

Dende o noso pequeno recuncho do mundo estamos intentando mesturar o son máis cercano ao directo da banda nunhas cancións que conservan o lume do momento no que se crearon.
O noso terceiro disco ‘Tregua’ preséntase natural, implacable e cálido, como unha viaxe ao centro do rock máis puro.

GUITARRA E VOZ: MARIO GARCÍA. GUITARRA: ADRIÁN TORREIRA. BAIXO E COROS: DAVID RUÍZ. BATERÍA: MIGUEL VIEITES. GUITARRA: IVÁN AGUADO. PIANO E HAMMOND: RUBÉN RODRÍGUEZ.

DOSSIER

con logo