TODO PINTADO DE PENIDE E PICADO, [XOVES DE MÚSICA]
Hai noites que se quedan cravadas na memoria. Hai concertos que se transforman en experiencias sensoriais. O espectáculo que están a preparar Silvia Penide e Carmen Picado promete estar nesa categoría.
Dúas mulleres que teñen a responsabilidade de encher o escenario do Teatro Colón coas súas letras, melodías, miradas… iso si, non van a estar solas. Cada unha delas ten un respaldo de tres fantásticos músicos e unha escenografía especial para esta noite cargada de sorpresas.
CARMEN PICADO
Carmen Picado é a perfecta combinación agridoce dunha persoa, o que se deixa entrever constantemente nas súas cancións. As influencias do folk e pop, letras en inglés e a súa voz, convértense nun universo por vivir e descubrir. Acompañada da súa banda, formada por Fernando Fraga, Samuel Pérez e Carlos Seijas, comeza a súa carreira polas salas.
Aos seus 20 anos conta cunha lista de composicións que foi ampliándose de forma moi crecente, o que lle permitiu poñer música ao documental ‘Mil Sorrisos & Un Perdón’, tocar no Festival de Cine Internacional de Ourense, gañar o concurso ‘Outra+ Outra’ de Estudios Mans (Fundación Paideia), facerse eco nos medios -soando en radios como Cadena Ser, Radio Galega ou Los 40 Principales- tocar na Fnac da Castellana de Madrid, telonear a grupos de renome como Mäbu, tocar en salas coruñesas tan emblemáticas como Playa Club, Garufa Club ou Mardi Gras, ser invitada a participar na Semana da Música organizada pola Asociación Estatal de Salas Privadas de Música en Directo ACCES, a Asociación Galega de Salas de Música ao vivo Clubtura, o Concello de A Coruña, A Deputación de A Coruña, AGADIC e Estrella Galicia e lanzar o seu primeiro single ‘One More Night’, nas plataformas dixitais (Spotify, Itunes, Amazon, Deezer, Apple Music) da man da distribuidora Creanauta.
SILVIA PENIDE
A súa longa e respectada traxectoria musical, con 6 discos e centos de concertos por Galicia, España e varios países europeos, obtivo este ano un novo respaldo ao resultar gañadora do Premio da Música Galega Martín Codax na categoría Mellor autor Pop/Indie, premio do que xa foi finalista en 2015.
Co concerto do Teatro Colón pecha as actuacións na súa cidade nun ano que levou o espectáculo que está a presentar a cidades como Madrid ou Bilbao, ademais de salas e festivais galegos como Xoves de Codax, Atlantic Fest da Illa de Arousa, ou Paseantes en Pontevedra.
O seu último traballo discográfico, ‘Todo pintado de plata’, ofrece unha nova visión do seu universo sonoro. Cada canción é un planeta con múltiples referencias ocultas ás súas características, ademais de letras que contan historias nas que debes somerxerte.
Silvia estará acompañada por artistas cos que comparte escenario dende fai tempo e que comprenden á perfección o tipo de interpretación das súas cancións. Son Carla López (piano e voces), Serxio Moreira (teclado e ipad) e Rubén Barros (guitarra).