Ópera

Temporada Lírica | L’elisir d’amore

TEMPORADA LÍRICA DA CORUÑA 2024

 

Gaetano Donizetti (Lombardia, 1797 – Bergamo 1848) sumou máis de 70 óperas ao longo da súa carreira musical sendo <em>L’elisir d’amore</em> coa que tivo maior recoñecemento. Composta en poucas semanas foi moi ben recibida en toda Europa. Desde a súa estrea situou a Donizetti como un dos compositores italianos máis queridos. O libreto cómico asinado por Felice Romani impulsou ao artista para crear unha música que sobre todo aspiraba a chegar ao público, levándolle de viaxe desde a butaca e contándolle a través de grandes voces a viaxe polo amor. No intrincado tecido da ópera, atopamos unha sinfonía de emocións entrelazadas coas complexidades das relacións e a comunicación humana. Esta non é simplemente unha historia de amor, senón un poético reflexo das barreiras que nos separan e únennos na nosa procura de lazos. A través da dualidade de Nemorino e Adina, a ópera lévanos a explorar as sombras de nosa propia incomprensión.

Prezo: 40€ | 60€ | 85€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 27 de Setembro de 2024 | 19:00
  • Domingo, 29 de Setembro de 2024 | 19:00

FICHA ARTÍSTICA

  • Adina | Ruth Iniesta | Soprano
  • Nemorino | Ramón Vargas | Tenor
  • Belcore | Damián del Castillo | Barítono
  • Dulcamara | Luis Cansino | Barítono
  • Gianetta | Susana García | Soprano
  • Dirección musical | Guillermo García Calvo
  • Dirección de escena | Víctor García Sierra
  • Orquestra Sinfónica de Galicia
  • Coro Gaos
  • Nausica Opera International - Parma (Italia)