Musical
EVENTO INFANTIL INFANTIL

TARZÁN, EL MUSICAL

TARZÁN, el musical, é sobre todo unha festa, un divertimento que fará gozar a nenos, mozos e maiores… un teatro amable, didáctico, que utiliza o humor, os bailes e as cancións para conseguir que o espectador, teña a idade que teña, vexa o eterno mito do home da xungla, e todos os personaxes que o envolven con ollos amables, e se sintan eles, tamén, parte integrante desta troupe fantástica de monos, patos salvaxes, gorilas, arañas, crocodilos, acompañantes de safari, exploradores malvados e tamén exploradores bos. Deixen os prexuízos na casa e gocen sen complexos desta broma selvática que os levará a vivir aventuras e risas durante 90 minutos inesquecibles.

Prezo: ANTICIPADA: 12 € (VR) /16€. DÍA FUNCIÓN: 12 € (VR) /18€
Duración: 90 minutos

Calificación: +4

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 18 de Outubro de 2015 | 18:00

SINOPSE

O multimillonario Tobey Carton convence ao científico Mr. Joseph Bishop para que o acompañe á xungla africana para buscar un importante cemiterio de elefantes. En realidade o plan do Sr. Carton é apoderarse do tesouro que alberga o cemiterio. Sen embargo, os perigos da selva axéxanos a cada paso, aínda que unha misteriosa sombra e un berro salvaxe iraos librando das diferentes bestas que se cruzan con eles. A sombra non é outro que TARZÁN, o home mono que dende neno foi criado por orangutáns e agora quere defender calquera espolio e estrago ecolóxico que poida ocorrer na súa casa: a xungla. Pero Tarzán non conta con Jeanette, a filla do científico, que os acompaña na aventura, e da que se namora perdidamente.

A mona CHITA, compañeira incansable do noso protagonista, axudarao a resolver todas as situacións: o namoramento de Tarzán por Jane, desbaratar os plans do malvado Carton e conseguir que todos os animais da xungla se unan para preservar a natureza.



FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: MIKEL HENNET, MARTA ARTETA, TAMARA AGUDO, RAÚL CASSINERIO, FEDOR DE PABLOS, RICARDO NKOSI, PATRICIA ARIZMENDI, BERTA ILLÁN. PRODUTOR EXECUTIVO: JUAN CARLOS PAREJO. DIRECCIÓN: RICARDO REGUANT. TEXTO E LETRAS: XÉNIA REGUANT. TEXTO E COMPOSICIÓN MUSICAL: FERRÁN GONZÁLEZ. COREOGRAFÍA: NÚRIA DE CÓRDOBA. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: LUIS PERDIGUERO. ESCENOGRAFÍA E BONECOS: PABLO ALEMIDA E GONZALO BUZNEGO. DESEÑO DE VESTIARIO: MAITE ÁLVAREZ.

IDIOMA: CASTELÁN