Familiar

SEMUA: IV Semana das Músicas do Audiovisual -BMMC (infantil)

DE FESTIVAIS

 

Concerto en Familia

Bernaola, banda sonora dunha xeración. Obras de Carmelo Bernaola 9’50”
Benvido mr. Marshall (Luis García Berlanga, 1953) 4’
Capitán Trueno (Antonio Hernández, 2011) 10’
Short Stories (Hugo de la Riva, 2012) 18’
Rafael Azcona.Pasodoble (José Luis García Sánchez, 1988) 4’15”

Interpretado pola Banda Municipal de Música de A Coruña.


A Semana das Músicas do Audiovisual-SEMUÁ é un festival singular organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquesta Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña que dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais.

Baixo a dirección artística de Nani García presenta, cada ano, un suxestivo programa que pon o foco no traballo dos profesionais da composición, produción e interpretación das músicas que acompañan as obras audiovisuais.

Na súa cuarta edición a SEMUÁ adicará unha especial atención á figura do pianista e compositor arxentino Federico Jusid que dirixirá á Orquesta Sinfónica de Galicia no Teatro Colón, nun programa no que serán interpretadas algunhas das súas partituras máis coñecidas. A oferta de música en directo retoma os Concertos da Banda Municipal de Música de A Coruña, despois do éxito colleitado en 2018. Unha proposta para público familiar que se repetirá para o alumnado dalgúns centros educativos da cidade.

Ademáis, na Semana das Músicas do Audiovisual a formación e os encontros volven a ser protagonistas, cun obradoiro impartido polo compositor e produtor musical hispanoarxentino Lucio Godoy e unha mesa redonda moderada por Nani García, na que participarán Federico Jusid, Manu Riveiro e NOME.


FEDERICO JUSID

O pianista, compositor e director de orquestra arxentino Federico Jusid compuxo a banda sonora para máis de sesenta películas e máis de trinta series de televisión de todo o mundo, entre as que destacan títulos tan célebres como El secreto de sus ojos, Gran Reserva, Loving Pablo, Fariña, Bajo sospecha, La vida inesperada, Misconduct ou a saga Isabel, Carlos Rey Emperador e La corona partida, pola que obtivo tres premios internacionais Film Music Critics. En 2016 foi distinguido como Compositor do Ano pola Asociación de Críticos de Música de España.

Realizou xiras como solista, intérprete de cámara e director por Europa, Asia, África e América, actuando en auditorios tan prestixiosos como o Carnegie Weil, a Sala da Filarmónica de San Petersburgo, o Teatro Colón de Bos Aires ou Auditorio Nacional de España.

Precio: De balde ata completar o aforo.



FECHAS Y HORARIOS

  • domingo, 27 de octubre de 2019 | 12:15