Humor

SANTI MILLÁN e JAVI SANCHO, ‘Estamos mejor que nunca’

Pola compra da túa entrada para o novo espectáculo de Santi Millán regalámosche a actuación de Javi Sancho*
*promoción válida ata que a Santi se lle acabe a paciencia

Despois de tres anos paseándose por todos os teatros de España co seu espectáculo ‘Santi Millán Live’, esta particular parella cómica volve á carga con doses renovadas de ironía, bo humor e capacidade de autocrítica.

Santi Millán, a pesar de ter xa unha idade, alardea de posuír unha saúde de ferro e atoparse na mellor etapa da súa vida; parodiándose a si mesmo e ás súas múltiples obsesións: deporte, mulleres, series, mascotas, libros de autoaxuda … nada escapa do radar dun Millán na plenitude da vida.

Javi Sancho únese ao show case ás ocultas, sumándose a unha festa á que non foi convidado. Non pasa nada, é o seu fado. A xestión do fracaso non ten segredos para este mozo cómico, que foi fundamental na vida de millóns de persoas. Mágoa que aínda non se deran conta. Millán é un deles e aínda que lle custe crelo, Javi está aquí para petalo moito.

Garantímosche que se non te sentes mellor ca nunca, polo menos valo a pasar mellor ca nunca.

Prezo: ANTICIPADA: 12€ (VR), 14€, 17€. DÍA FUNCIÓN: 12€ (VR), 16€, 19€
Duración: 90 minutos

Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 26 de Novembro de 2016 | 20:00