Música

Salif Keita

Salif Keita celebra os seus 50 anos de carreira no Teatro Colón.

O mítimo músico maliense regresa aos escenarios co que asegura que será o seu último traballo de estudio, o disco ‘Un autre blanc’, o álbum número 15 dunha lonxeva e exitosa carreira.

Salif Keita presentou este novo traballo a finais de 2018 e anunciou que era a súa despedida dos estudios de gravación, ao tempo que iniciou unha xira mundial que o traerá ao Teatro Colón da Coruña o próximo 20 de abril.

As entradas xa están á venda.