Música

Revólver

REVÓLVER sae á estrada coa súa nova xira #Básico4, disco que gravou por sorpresa en Madrid nun Teatro Price cheo ata a bandeira e poñendo o broche de ouro á celebración das vodas de prata do Básico I, aquel disco inesquecible que marcou un antes e un despois na historia da música deste país, e que coa xira #25 Anos Básico Tour colgou o cartel de “Non hai entradas” en cada cidade que pisou durante o 2018. Sen dúbida, a mellor forma de coñecer o ADN de cada un dos temas que conforman a carreira de REVÓLVER, así como os seus grandes éxitos de toda a vida, e ser protagonista do encontro cara a cara e sen intermediarios con Carlos Goñi e a súa banda.