RECITAL DE PIANO DE ALON GOLDSTEIN [Ciclo de Grandes Intérpretes]
A visión artística de Alon e os seus programas anovadores fan del un dos favoritos entre o público e a crítica en Estados Unidos e Israel. Fixo o seu primeiro debut orquestral á idade de 18 anos coa Filarmónica de Israel baixo a batuta de Zubin Mehta, e en abril de 2008 regresou co mestre Herbert Blomstedt co Concerto Nº 1 de Beethoven.
Durante a tempada 2012-2013, realiza unha xira de grande éxito por América Central e do Sur, coa Orquestra de Cámara de Israel. Alon Goldstein fai o seu debut coa Orquestra Sinfónica de Toronto, e é o pianista elixido de novo polo Cuarteto de Tokio para a súa última tempada de concertos en USA. En xullo de 2013 preséntase coa Chicago Symphony baixo a dirección de James Conlon. Convidado ao Klavier Festival Ruhr, baixo a batuta do mestre Leon Fleisher. Ademais de actuacións con orquestras interpretando concertos de Liszt, Beethoven, Mozart, Rachmaninoff, Shostakovich, Mendelssohn, Tchaikovsdy, a ateigada axenda de Alon Goldstein inclúe múltiples recitais en solitario, moitos deles inclúen música de Debussy, en homenaxe do 150 aniversario do nacemento do compositor.
É un activo músico de cámara e forma parte de importantes agrupacións como o Tempest Trío (xunto a Ilya Kaler e Amit Peled) co que gravan recentemente tríos de Dvorak para o selo Naxos. As dúas últimas tempadas inclúen o seu debut de éxito coa Orquestra Filarmónica de Londres e Vladimir Jurowski interpretando o Concerto Nº1 de Mendelssohn, volve a tocar coa IRIS Orchestra o Concerto Nº. 2 de Saint Saëns dirixido por Michael Stern; o concerto Nº1 de Tchaikowsky con Jaime Laredo e a Vermont Symphony; tamén actuou en París coa Orquestra Filarmónica de Radio Francia, con Leon Fleisher como director; Avner Dorman’s Lost Souls con Santa Barbara Symphony baixo a dirección de Nir Kabaretti. Anteriormente actuou coa Filarmónica de Los Ángeles, Orquestra de Filadelfia, San Francisco, Baltimore, St. Louis, Houston, Vancouver, Kansas City e North Carolina Symphonies, a Filarmónica de Rhode Island e xiras con orquestra en París, Rusia, Rumania e Bulgaria.
Alon apareceu nos festivais Gilmore, Santa Fe, Tanglewood, Ravinia, Marlboro, Seattle e Steamboat nos Estados Unidos, así como Prusia Cove, o Festival Verbier e o Festival de Piano do Ruhr. Actuou no Hollywood Bowl coa Filarmónica de Los Ángeles e o Parque do Milenio en Chicago con Grant Park Symphony Orchestra. Alon Goldstein foi gañador de numerosos concursos e premios internacionais.
Dentro do Ciclo Grandes Intérpretes poderemos gozar co bo facer dun dos artistas máis orixinais e sensibles da súa xeración, admirado pola súa intelixencia musical e a súa dinámica personalidade.
PROGRAMA
Ludwig van Beethoven – Sonata no. 26 in E flat major, Op. 81a “Les Adieux”
(1770-1827)
I. Das Lebewohl (The Farewell): Adagio-Allegro
II. Abwesenheit (The Absence): Andante espressivo
III. Das Wiedersehen (The Return): Vivacissimamente
Franz Liszt - Paraphrase on Verdi’s Aida (Sacred Dance & Final Duet) S. 436 (1877)
(1811-1886)
Franz Liszt – Vallée d’obermann from “Years of Pilgrimage” Book I – Swiss (1836)
(1811-1886)
Descanso
Avner Dorman - Three Etudes (2012)
(b. 1975)
I - “Snakes and Ladders”
II – “Funeral March”
III – “Sundrops Over Windy Water”
Maurice Ravel – from Miroirs (1904-5)
(1875-1937) “Oiseaux Tristes” (Sad Birds)
“Une Barque sur L’Ocean” (A boat on the ocean)
Franz Liszt – Concert Paraphrase on Verdi's Rigoletto S. 434 (1859)