Por primeira vez en España o gran espectáculo musical de Pocoyó para gozar en familia!
Hoxe é un gran día no Mundo de Pocoyó. Todo está moi tranquilo, o sol brilla, as flores resplandecen, os paxaros dormen. Coma sempre, Pocoyó e os seus amigos, Pato, Elly, Lula, Pajaroto e Pulpo queren xogar e divertirse pero, poderán poñerse de acordo? Cada un quere xogar a unha cousa. Ás bonecas, aos monstros, aos superheroes … Serán capaces de xogar todos xuntos coma amigos?
Pocoyó e os seus amigos é un espectáculo musical en vivo que ten como protagonistas aos personaxes da famosa serie televisiva que traspasou fronteiras e que é coñecida e seguida por miles de espectadores de idade temperán en todo o mundo. Recomendado para nenos e nenas de entre 1 e 5 anos, Pocoyó e os seus amigos inclúe as cancións e aventuras deste grupo de pequenos e entrañables amigos.
Xuntos viaxarán a ver as estrelas e o mar e bailarán ao son dos mellores temas musicais da serie. Un rato de diversión e entretemento cun toque educativo que fará as delicias de nenos e grandes. Pocoyó y sus amigos chega por primeira vez en vivo aos escenarios de España. Non o podes perder.
Prezo: ANTES 25/12/2015: 12 € (VR) / 15 €. A PARTIR DE 26/12/2015: 15 € (VR) / 18 € Duración: 70 minutos Idioma: CAS Calificación: TP
POCOYÓ Y SUS AMIGOS