Duración: 80 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +16
Diego e Bea son unha parella que fala sobre os distintos momentos da súa relación amorosa, coma quen se confesa. A través das súas palabras e de saltos temporais coñecemos os mellores e os peores momentos da súa historia xuntos. Somos espectadores dos primeiros indicios do romance, momentos de marabillosa incerteza; o apoxeo sensorial e afectivo, marcado pola maxia de dous corpos que se aman; da paulatina decadencia do amor, cando chega a inclemente rutina e fatiga; e da ruptura, cando o encontro xa non é posible e a comunicación é inviable.
Durante a representación, os espectadores serán testemuñas privilexiadas do ascenso e da caída ao baleiro da relación, pero non unhas testemuñas mudas, cada un dos personaxes, a través da súa subxectiva visión dos acontecementos, intentará facelos os seus aliados. De que lado poñerse?
PIEZA INCONCLUSA (PARA SOFÁ Y DOS CUERPOS)
Pieza Inconclusa é o resultado dun proceso de investigación sobre as relación de parella. É inconclusa porque non é allea á incerteza do amor e porque é creada a partir do asombro que produce a súa máxica aparición nas nosas vidas, e da indefensión na que nos deixa sumidos cando desaparece sen apenas darnos conta.
A acción ocorre en torno dun sofá que se presenta como eixo físico e emotivo da relación entre Bea e Diego. Os corpos dos personaxes atópanse e distáncianse, atráense e repélense nel. Os mellores momentos estarán peneirados pola idealización do pasado vivido; os peores tinguidos pola decepción e a rabia.
Pieza inconclusa é unha obra baseada a partir de dous contos de Raymond Carver, escenas que xorden en improvisacións durante o proceso creativo e escenas escritas en soidade fronte a un ordenador. O resultado é un texto contundente no que conviven o amor, o humor, a tenrura, o malestar, o rancor e a violencia.
Pieza inconclusa nútrese do teatro de texto, así como de linguaxes audiovisuais, que son un referente permanente nesta montaxe. En canto ao tratamento da historia de amor, inténtanse reproducir os estados de euforia e felicidade que produce o amor ao chegar aos estados de rabia e tristeza que produce ao marcharse.
De aí que o ton cómico do inicio da peza transmute nun ton cada vez máis dramático, transformando o sorriso inicial nun doloroso aceno.
DOSSIER