Artes escénicas

Paréntese | Letras e Sons

MÚSICAS POSÍBEIS

 

Paréntese. Letras e Sons 2024 é un espectáculo no que a música e a literatura se mesturan para xerar momentos únicos. Baixo a dirección artística do músico Pablo Novoa, e conducidos no escenario pola xornalista Susana Pedreira, ás escritoras e escritores Berta Dávila, Silvia Penas, Samuel Merino, Lucía Aldao, Carlos Meixide, Samuel Solleiro e a cantante Wöyza sorprenderán ao público saíndo das súas disciplinas para cantar, interpretar, recitar e conversar igual que pasa arredor dunha mesa na que nacen encontros improbables.

Prezo: De balde con convite. Proximamente.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 2 de Novembro de 2024 | 20:00