Pallasos en Rebeldía fundouse no ano 2004 baixo o apoio do Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia) e froito do traballo solidario das e dos integrantes de Culturactiva SCG, entidade profesional galega decana na xestión cultural comprometida social e politicamente.
Pallasos en Rebeldía traballa no ámbito da cooperación internacional a través das artes escénicas, sobre a base de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras.
Pallasos en Rebeldía
“A risa como alimento da alma”
A risa como linguaxe universal entre os pobos, que alimenta a solidariedade a través da cultura e o humor.
Pallasos en Rebeldía toca de cerca a alma da sociedade…
A ASOCIACIÓN CULTURAL E DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL PALLASOS EN REBELDIA é un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos que se expresa a través da risa e a arte, en que conflúen artistas de todo o Estado e outros países.