Festigual | Explorando o Museo

  Un novo xeito de vivir o Museo. Unha sesión que ofrece un percorrido virtual e inmersivo polas salas de exposición do Museo de Belas Artes. Os participantes poderán moverse libremente por seis salas utilizando lentes VR.

XXX Aniversario Bravú

Celebración do trinta aniversario do Bravú, con proxección do filme documental Bravú XXX, producido por Nós Televisión e presentado e co-guionizado por Xurxo Souto, e concerto da Orquestra Bravú Banda Xangai con colaboracións musicais sorpresa e moi especiais.

Banda Municipal de Música da Coruña e Coro Cántigas da Terra

  Os días 6, 7 e 8 de novembro de 2024 terán lugar, no Teatro Colón da Coruña, ás 20.00 h, tres concertos para conmemorar o 175 aniversario da fundación da Real Academia Galega de Belas Artes. Participarán as corais e orquestras decanas da cidade da Coruña: Cántigas da Terra, Coral Polifónica El Eco, Coral…

Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña e Coral Polifónica El Eco

  Os días 6, 7 e 8 de novembro de 2024 terán lugar, no Teatro Colón da Coruña, ás 20.00 h, tres concertos para conmemorar o 175 aniversario da fundación da Real Academia Galega de Belas Artes. Participarán as corais e orquestras decanas da cidade da Coruña: Cántigas da Terra, Coral Polifónica El Eco, Coral…

Carlos Núñez

  Como xa é tradición, noso gaiteiro máis internacional volve a casa por Nadal e ofrécenos un concerto emotivo e sempre sorprendente.

Germán Díaz e Benxamín Otero | Fonematología

  Fonematología é un espectáculo que ofrece un fascinante percorrido pola historia da música mecánica e a súa profunda conexión co desenvolvemento científico e tecnolóxico, desde as primeiras polifonías europeas ata a música contemporánea. A través da zanfoña, un instrumento medieval mecanizado, instrumentos mecánicos e o oboe, exploramos a evolución das primeiras formas polifónicas e…

Quantum Fracture – De físico a YouTuber

  José Luis Crespo, director de Quantum Fracture, narrará o seu percorrido desde as aulas de física ata converterse en divulgador científico en YouTube e outras plataformas. A través da súa experiencia, Crespo explorará os desafíos de transformar a ciencia en contido accesible e creativo para millóns de persoas.

Efervesciencia

  Manuel Vicente e o seu programa de radio Efervesciencia son un dos grandes referentes nacionais en comunicación científica. Os asistentes á proposta poderán gozar da gravación en directo do programa, e participarán nela activamente.

Xurxo Ayán

  O arqueólogo e divulgador Xurxo Ayán achegaranos ao mundo da arqueoloxía nunha charla desenfadada e apaixonante.

Diálogos híbridos

  Unha conversa aberta na que Eva Vázquez (directora de A3 Galicia) e a sexóloga Laura Morán (Órbita Laika, Naukas) dialogan sobre a sexualidade humana e a súa complexidade.

Galicia Divulga

  Divulgadores de primeiro nivel achegarannos á ciencia a través de charlas curtas e inspiradoras. Contaremos cos neurocientíficos: Xurxo Mariño (Órbita Laika, gañador de premio Prismas 2024 ao mellor libro de divulgación) e Casto Rivadulla (divulgador experto en neurociencias autor do libro A que cheiran as cores?), a xornalista, sexóloga e divulgadora Laura Veiga (responsable…