Fillos do Sol

Contraproducións & FIOT Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas. A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos…

Gallaecia All Stars

O musical “Mellor, mellor!” Gallaecia Eventos Un espectáculo cunha coidada posta en escena pensado para todo tipo de público. Durante dúas horas ininterrompidas de música de calidade, mesturada cunha historia de moito humor, Gallaecia Big Band realiza unha viaxe aos tempos das grandes Big Bands dunha forma amena e con escenas de humor que diferencian…

Mensaxe do mar

Fantoches Baj Mensaxe do Mar é unha reivindicación de Maruxa Mallo, da súa obra pictórica e da súa importancia como intelectual dentro da xeración do 27. Como se dunha conferencia se tratase Maruxa Mallo describe a súa vida desde o nacemento en Galicia ata o ano 1961 (cando xa ten 59 anos). En escena aparecerán…

O Poder do Arcabuz

Quique Peón Cía. e Xacarandaina Un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro. A compañía Quique…

O lago dos cisnes

Ballet Moscova Que contribúe no mundo da danza clásica a que O Lago dos Cisnes sexa o ballet máis apreciado de todos os tempos? Por máis que a súa feiticeira historia percorre toda a gama de emocións humanas, o consenso popular inclínase a sinalar a música de Piotr I. Tchaikovsky, “o máis admirado compositor de…

Atesourando a Palabra. Homenaxe Nacional a Paco Souto

“Atesourando a palabra” é un espectáculo interdisciplinar en homenaxe póstumo ao poeta Paco Souto. En coherencia coa personalidade e discurso artístico deste escritor, levarase a cabo unha posta en escena na que confluirán a poesía, a música e a plástica. Diferentes profesionais das distintas áreas dialogarán arredor da figura dun escritor amigo que nos deixou…

Hemisferios. Mulleres e Voces

Espectáculo musical con Uxía, Pilocha, Alba María, Belém Tajes, Ugía Pedreira, Silvia Penide, Sonia Lebedinsky e Carmen Rey. Un único concerto especial e unha celebración de oito voces en oito mulleres. Leva o título da canción composta por Alba María, a petición da área de Cultura da Deputación da Coruña, co motivo da celebración do…

Premio do público do Cineuropa 2017

Proxección da película máis destacada do festival Cineuropa 2017 que se celebra no Teatro Principal, no Salón Teatro e outros puntos da cidade de Santiago de Compostela ao longo de todo o mes de novembro. Traemos ao Teatro Colón parte da esencia deste exitoso festival que iniciou a súa andaina no ano 1987 e que…

Estado de graza

Teatro do Noroeste. 30 ANOS DE TEATRO GALEGO A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta…

Don Juan Tenorio – Síntesis

Asociación Cultural Zalaeta Baixo a dirección de Ricardo Martín, todo un referente no mundo do teatro herculino, xúntase un elenco conformado por actrices e actores afeccionados de moi diversas idades e procedencias. De aí vénlle o “apelido” que se lle deu nesta ocasión ao clásico “Don Juan Tenorio” deste ano, que non é outro que…

As aventuras de Gale

A xanela do Maxín. Baseada na obra de Pepe Carreiro “Historia da lingua galega, do latín ao acento de Burgos”