A noiva de don Quixote

Emedous Producións e Distribucións Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar coma Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún…

Son galego, Son cubano

Roi Casal Son galego, Son cubano, o gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) no mes de maio de 2016 con dous memorables concertos. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países,…

Muiñada

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe que, por un malentendido coa quenda, se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer ó mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son…

Episodios dunha vella historia

Poemas de Luis Seoane Estudio de Teatro Casahamlet O Teatro Colón, a Fundación Luis Seoane e o Estudio de Teatro Casahamlet acollen un recital-concerto no que o actor Santiago Fernández e o músico Sergio López interpretarán poemas do artista galego Luis Seoane, quizais a faceta máis descoñecida da súa obra, nos que denuncia a inxustiza…

Gala 75 Anos de Folclore

Asociación de Coros e Danzas EIDOS O Grupo de Baile da Asociación de Coros e Danzas EIDOS organízase e créase na Coruña no ano 1942, dentro do que daquela eran os “Coros y Danzas de la Sección Femenina”. Coa desaparición destes como organización e coa creación do Ministerio de Cultura, o grupo Eidos pasa a…

Ubú Rei

Talía Teatro Tantas veces visitado o Ubú Rei de Alfred Jarry, desta vez poñemos os ollos para miralo desde o porto de Belfast, nunha versión que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral. Nesta ocasión, Ubú O´Reilly terá como aliado a un Bordure transfigurado en Liam O´Connor…

O poeta é un cazador alucinado

Poemas de Avilés de Taramancos con Eva Veiga, Bernardo Martínez e Fito Ares Recital multidisciplinar -música, poesía e pintura- que ten como núcleo fundamental da súa realización unha escolla de textos da obra poética de Antón Avilés de Taramancos, unha das voces  máis importantes da poesía contemporánea; unha voz universal que vén iluminarnos hoxe en…

Eroski Paraíso – VERSIÓN ACCESIBLE

Chévere. Función especialmente adaptada para persoas con discapacidade e aberta a todos os públicos. Esta función xorde a raíz dun traballo de colaboración de PREDIF Galicia e Chévere para contribuír a facer máis accesible o teatro e poñer en proba as ferramentas que se utilizan para achegar o teatro a todas as persoas independentemente das…

Galicia Magic Fest

II Gala Internacional de Ilusionismo Tras o éxito do ano pasado volve Galicia Magic Fest. Os mellores e máis premiados ilusionistas do mundo chegan ao Teatro Colón para deixarche pampo cos seus impactantes e sorprendentes números. Un espectáculo único para toda a familia que fará que poidas ver maxia en directo como nunca antes a…

La Flauta Mágica, tu Primera Ópera

Ópera Divertimento / Rababiero Promocións Artísticas A Frauta Máxica, a túa Primeira Ópera é unha adaptación para público infantil e familiar da celebérrima e universal Ópera Die Zauberflöte de W.A. Mozart. Todo un referente recorrente polas súas bondades: a música inesquecible de Mozart e un argumento entretido para todos os públicos. Esta nova produción supón…

Noites de Retranca

Rababiero Promocións Artísticas As Noites de Retranca volven ao  Teatro Colón e o fan da man de dous xenios da improvisación, de dous monstros do humor como Oswaldo Digón e Touriñán. Por primeira vez xuntos nun mesmo escenario. Unha oportunidade así, só podes tela nas Noites de Retranca.  

Coral da Universidade Sénior de Ferrol

A coral canta a catro voces e está dirixida polo profesor D. Jesús Fernández-Parella Marín, licenciado en musicoloxía e profesional de contrastado prestixio.