Gala Torrente Ballester – Palabra e Música

Vinculado ao premio Torrente Ballester de narrativa, desenvolverase un acto musical e audiovisual, con proxección dun vídeo centrado na vida e obra do escritor e coa actuación posterior do Coro da Universidade Sénior de Ferrol. O acto terá dúas partes. Na primeira, a palabra a porá Torrente Ballester cun ameno vídeo de 20 minutos, no…

Atlantic Pride

‘Atlantic Pride’ quere ser unha gran celebración LGTBI do norte da península onde se una o activismo, a educación, a historia, a cultura e o lecer en prol da visibilidade e a normalización deste colectivo. Nesta primeira edición consistirá nun concerto moi especial e festivo para todas as xentes da Coruña no que participarán La…

Fanzine Fest: Byetone, Sonic Robots e Douglas Dare

Ciclo De Festivais A música electrónica se viste de teatro. O Fanzine Fest 2018 marca o décimo aniversario do proxecto Fanzine e para iso damos un paso adiante, creando unha experiencia multidisciplinar de vangarda audiovisual que busca a experiencia única do universo sensorial nun marco de elegancia. O Teatro Colón convírtese nun espazo de reverencia…

Arnoia Arnoia: O Circo da Casa Pequena

Recomendado para maiores de 16 anos Pistacatro Productora de Soños en coprodución co CDG. Un espectáculo de teatro-circo que dirixirá Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín e no imaxinario do autor. Pistacatro prepárase, en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), para o que será o seu novo proxecto Arnoia Arnoia: o Circo…

Mulleres enredadas. Coplas e alalás

Especial contra a violencia de xénero Con Carmen París, Martirio, Uxía e Ugia Pedreira. Este espectáculo nace co fin de promover, fomentar e difundir a arte como encontro; estreitar o coñecemento e a experiencia destas cantoras que revisitan a copla, a jota ou os alalás. Catro mulleres que reinventaron e revolucionaron estes xéneros e lles…

THE BEST OF NOA

Ciclo das Biodiversidades Noa (Achinoam Nini) volve a España e faino cargada de novidades. A cantante israelí atópase inmersa actualmente na publicación do que será o seu novo disco e que verá a luz proximamente. No concerto que ofrecerá o día 16 de novembro na Coruña interpretará varios temas inéditos deste novo álbum baseado en…

María Arnal e Marcel Bagés

Ciclo Selección Noroeste Co seu álbum de debut, “45 cerebros y 1 corazón” (Fina Estampa, 2017), incluído nas listaxes dos mellores discos de 2017 nos medios máis influentes do sector, Maria Arnal i Marcel Bagés deixaron de ser unha promesa para se converteren nunha das realidades máis sólidas da música. Foi, abofé, un paso de…

Nani García trío + BMMC ‘Audiovisualismo’

Ciclo Cinema Experience Nani García Trío coa Banda Municipal da Coruña e os convidados Matthew Simon e Roberto Somoza. O espectáculo xira arredor dunha composición de Nani García, ‘Audiovisualismo’, con acompañamento de proxección, que abrirá o concerto, seguida de varios arranxos de temas emblemáticos do jazz como ‘Take Five’, de Paul Desmond, ou ‘Caravan’, de Juan Tizol…

Pitingo presenta Mestizo y Fronterizo

Ciclo da Biodiversidade ESTREA NA CORUÑA En colaboración co Cadena 100 “…MESTIZO Y FRONTERIZO… Unha superprodución, ao máis puro estilo americano, que non podes perder!” “Contra o racismo e coa música pola interculturalidade” Chámase Antonio Manuel Álvarez Vélez, coñéceno como Pitingo (fachendoso, en caló) e canta con acento baixo-andaluz, eco xitano, caste flamenca, alma de…

Picasso: A ollada nas mans

Ciclo De Festivais Compañía Diversos + Experimentadanza Espectáculo producido pola Fundación Emalcsa e a Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña co fin de fomentar o teatro e a danza inclusiva profesional. O espectáculo xira arredor das etapas artísticas máis salientables de Pablo Picasso, en torno a un director de teatro na procura…

SEMUA III Semana das Músicas no Audiovisual

Ciclo Cinema Experience Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, cun programa de bandas sonoras do cinema español: As Nosas Músicas. Partituras de José Nieto e compositores galegos escritas para cine e TV. A SEMUA, Semana das Músicas do Audiovisual, é un festival singular que, baixo a dirección artística do compositor Nani García, dá protagonismo ás…

Chucho Valdés e o seu proxecto Jazz Batá

Ciclo da Biodiversidade Gañador de nove premios Grammy (seis Grammy awards e tres Grammy latinos) e acredor de moitas distincións, Dionisio Jesús “Chucho” Valdés Rodríguez é natural de Quivicán, La Habana, Cuba. Jazz Batá é o nome do novo proxecto deste gran pianista cubano. Trátase dun novo cuarteto de piano, contrabaixo e dous espectaculares sets…