Germán Díaz e Benxamín Otero – 13 cancións bonitas

Benxamín Otero e Germán Díaz propoñen unha selección de cancións co sinxelo fío argumental de ser, aos seus oídos, bonitas… Compositores coma Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, cancioneiros coma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propias compoñen o corpus ecléctico e accidental que conforma este persoal concerto. Instrumentos coma o óboe…

Sumrrá & Laura Iturralde. 6 mulleres – Audiovisual

Presentación do disco 6 Mulleres Sumrrá, con 19 anos de traxectoria, centos de concertos por todo o mundo nas súas costas e o sexto disco recén lanzado ao mercado, presentan unha nova forma de ver e escoitar este fermoso disco 6 Mulleres, acompañándose da videojockey Laura Iturralde. 6 mulleres rinde tributo a seis mulleres poderosas,…

Ute Lemper

Rendevouz with Marlene A carismática cantante alemá UTE LEMPER chega ao ciclo Galicia Importa para presentar o seu proxecto “Rendezvous with Marlene”, onde rende homenaxe á marabillosa Marlene Dietrich. Este show xorde despois dunha chamada entre Marlene Dietrich e Ute, na que conversaron durante 3 horas e que se produciu en París durante 1988, fai…

Ensemble Galería – Terra

MÚSICA · DANZA · IMPROVISACIÓN · PERFORMANCE Ensemble Galería é un grupo de artistas multidisciplinares que trata de sacar a música clásica das súas fronteiras habituais e chega a conclusións alternativas. Dirixidos por Alejandro Garrido e o seu interese por cambiar o rumbo aparente do plano da música clásica, confórmanse coma un laboratorio das Artes….

Escola Municipal de Música da Coruña – 20 aniversario

ESPECIAL ANIVERSARIO A Escola Municipal de Música comeza a súa andadura no curso académico 1998-1999. Dende as súas orixes, o obxectivo fundamental desta Escola foi difundir a súa actividade entre a poboación da Coruña, ao mesmo tempo que sentar as bases para a realización dun proxecto innovador, cercano aos cidadáns, que chegue a todos os…

Entre Dúas Bandas

  Con motivo da celebración do Día Mundial da Música un grupo formado por 70 músicos profesionais pertencentes ás Bandas Municipais de Música de Santiago de Compostela e de A Coruña queren unir sinerxias para facer unha homenaxe á música cun concerto conxunto. Durante o evento estrearase o documental ‘Gabriel é o noso amigo’.

Comando Radar

  Este septeto de músicos galegos define a súa música como improvisación conducida. Proposta arriscada pero ao mesmo tempo cautivadora. O seu directo é apto para todos os públicos. O Comando non so entra polas orellas, tamén o fai polos ollos. Os temas xorden a través do director que con sinais constrúe cada unha das…

Eagle Eye Cherry

  O cantante sueco-estadounidense Eagle Eye Cherry volve a España tras máis de 14 anos. Poderás gozar de cancións como ‘Save tonight’, ‘Are you still having fun?’, ‘Falling in love again’… e moitas máis, incluíndo as contidas no seu novo traballo, “Streets of you”, co que está percorrendo toda Europa dende 2018. Non é un…

Amparanoia

  O segundo festival metropolitano pola igualdade na música e nas artes Elas Son Artistas ten a honra de pechar coa actuación de Amparo Sánchez, Amparanoia no Teatro Colón, dez días intensos de actividades coa muller creadora e intérprete como protagonista, sempre compartindo escearios con homes, en pe de igualdade. Presentar a Amparo Sánchez e…

X O Berce de Donaire – Festival Infantil de Música e Baile Tradicionais

  Estamos xa na décima edición de O Berce de Donaire, o festival infantil que organiza a A.C. Donaire, idea que nace pola inquedanza de que as cativas e cativos teñan tamén o seu espazo para amosar todo o que aprenden nas asociacións, e poidan ser os verdadeiros protagonistas dun espectáculo dinámico, divertido e de…

Mamá Cabra – Deveribés

  Gloria é a voz e unha das fundadoras de MAMÁ CABRA, o grupo pioneiro especializado en música infantil galega que leva xa máis de 15 anos regalándonos cancións. Desde o seu primeiro libro-CD, Cantos rodados, xa son moitos os traballos publicados por este grupo. Gloria, acompañada por unha banda, fai neste concerto un percorrido…

Banda Municipal de Música de A Coruña

A Banda Municipal de Música da Coruña cambia o seu horario e escenario habituales para regresar ao Teatro Colón e ofrecer un concerto especial baixo a dirección do belga Frank de Vuyst. O programa desta cita contará con obras de autores como Aram Kahchaturian, Kevin Houben e Gerónimo Giménez, entre outros.