TONI BRIGHT: No te creas la verdad

  Toni Bright, un dos mellores e máis afamados magos da mente do noso país, tráenos o seu segundo espectáculo, ‘No te creas la verdad’, un show abraiante, no que verás como un mentalista domina a psicoloxía, as habilidades sociais, a suxestión… Pódese contactar cos espíritos? Pódese ler a mente das persoas? Pódese influír nas…

Rock en familia – Descubrindo a Bon Jovi

  Unha oportunidade única para gozar en directo das mellores cancións de Bon Jovi. Vivir os primeiros concertos cos teus fillos e coas túas fillas, sobriñas/os ou netas/os á vez que descobren as mellores bandas da historia do rock será unha experiencia que nunca esquecerán. NOTA.- O volume da actuación será totalmente acorde aos oídos…

EL BRUJO: Esquilo, nacimiento y muerte de la tragedia

  “Este espectáculo é a mirada dun cómico español sobre a traxedia grega, un cómico que sobreviviu e sobrevive para facerlle rir constantemente ao seu público. A vida é a arte e a vida é clásica. O proceso de creación é o xogo mesmo da vida en marcha”. Rafael Álvarez El Brujo.

Jonh Mayall

85th Anniversary Tour John Mayall (Macclesfield, Cheshire, 21 de novembro de 1933) comezou desde moi novo a desenvolver a súa propia personalidade musical e converteuse, xunto a Alexis Korner, en precursor da invasión do blues británico. Amante do blues de Chicago, Mayall fundou o seu primeiro grupo en 1955, The Powerhouse Four, e posteriormente a…

Rock en familia – Descubrindo a Metallica

  Unha oportunidade única para gozar en directo das mellores cancións de Metallica a través da mellor banda tributo. Vivir os primeiros concertos cos teus fillos e coas túas fillas, sobriñas/os ou netas/os á vez que descobren as mellores bandas da historia do rock será unha experiencia que nunca esquecerán. NOTA.- O volume da actuación…

Miguel Lago

Presenta ‘Miguel Lago pone orden’ Miguel Lago volveuno facer. Despois de varias tempadas de éxito con ‘Soy un miserable’, o cómico galego sobe ao escenario cun espectáculo completamente novo e inédito en televisión, ‘Miguel Lago pone orden’. Logo das súas soadas e aplaudidas aparicións en ‘El club de la comedia’, ‘Latemotiv by Buenafuente’ ou no…

Coque Malla

Presenta ¿Revolucion Tour? Coque Malla abandona o retiro temporal ao que se autosometeu tras a xira ‘Irrepetible’, para volver á estrada con ‘¿Revolución Tour?’, a súa nova xira. Despois de celebrar o Goya á Mellor Canción Orixinal en febreiro, Coque Malla céntrase na composición de ¿Revolución?, o último e agardado disco, que se publicará en…

Revólver

REVÓLVER sae á estrada coa súa nova xira #Básico4, disco que gravou por sorpresa en Madrid nun Teatro Price cheo ata a bandeira e poñendo o broche de ouro á celebración das vodas de prata do Básico I, aquel disco inesquecible que marcou un antes e un despois na historia da música deste país, e…

Perfectos desconocidos

Un grupo de amigos de toda a vida queda para cear, alguén ten algo que contar… Un de eles propón un xogo: compartir as mensaxes e chamadas dos seus móbiles durante a cea. ¿Alguén ten algo que ocultar? ¿Xogamos?

Don Carlo

Primeira vez en Amigos de la Ópera de A Coruña. Versión concerto. Amigo de la Ópera de A Coruña proponse case cada ano estrear algún título que nunca se ofrecese con anterioridade na longa historia xa desta institución, decana entre as españolas e galardoada este ano co Premio de Honor nos galardóns líricos que conceden…

Michael Spyres, o tenor romántico

Tralo extraordinario éxito que obtivo con Ermione na Temporada Lírica coruñesa, en 2015, e que logo ese mesmo ano repetiría en París, Michael Spyres, o único verdadeiro baritenore dos nosos días regresa agora á programación cun concerto no que ofrecerá unha mostra do seu variado repertorio, da máis alta esixencia vocal. Dende Mozart aos grandes…