Conservatorio Profesional de Danza da Deputación | Versalles

Por iniciativa de Luis XIV crearíase a Academia Real de Danza, a máis antiga de todas as escolas de ballet do mundo, berce da Danse Classique. Nós achegámonos a esta época tan inspiradora dándolle unha reviravolta, calquera parecido coa realidade será mera coincidencia!

XXX Xogos Florais María Pita

  Gala de entrega dos XXX Xogos Florais María Pita dedicados este ano a María Casares no centenario do seu nacemento na nosa cidade. Presentación a cargo da poeta Yolanda Castaño. Actuación da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia.

Demusicade | Unha noite italiana

  Orquestra de Cámara Galega Laura Lorenzo – frauta Esta proposta ten como principal obxectivo achegar a música clásica a toda a cidadanía, sen ningún tipo de distinción, onde teñan cabida todas as idades e toda a diversidade que nos rodea, na mesma liña da filosofía do Festi=2022. Demusicade quere levar a cada persoa todo…

Yllana | Campións da comedia

  Gloria e Josete acábanse de independizar baixo a tutela de Claudia. Ante a necesidade de atopar un traballo para poder ter un soldo co que manterse, Claudia proponlles que tenten dedicarse a algo que lles guste de verdade. Eles queren ser artistas. Para iso deberían atopar un representante. E resulta que Gloria leva tempo…

María Casares: a muller que viviu mil vidas

  Estrea do documental de Xavier Villaverde que nos achega a María Casares, unha muller cuxa vida queda marcada pola guerra civil e o exilio a Francia. Viviremos xunto a ela os feitos históricos máis relevantes do século XX en Europa, unha vida na que se cruzan figuras culturais de primeira orde. Comprometida e incansable…

BMMC | Grandes coros de ópera e zarzuela

  140 aniversario da Coral Polifónica El Eco. Programa La Forza del destino | Obertura | G. Verdi / E. Peris I Lombardi | O signore dal tetto natio | G. Verdi /J.L. Represas Il Trovatore | Coro di Zingari | G. Verdi / J.L. Represas Aida | Gran Finale-Atto II | G. Verdi /…

Inventio

Inventio é un espectáculo familiar de gran formato, no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Inventio é unha viaxe sensorial, un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena futurista, Inventio recupera a paisaxe,…