Papyrus

  A civilización do antigo Exipto é fascinante, abarca un extenso período de máis de 4.000 anos, e a súa cultura deixou profundas pegadas. Entre as danzas practicadas polos exipcios, podemos destacar as danzas astronómicas, en círculo; as danzas imitativas dos movimientos de árbores ou canas mecidos polo vento; as danzas da fertilidade, en roda;…

BMMC | Alfred Reed vs Antón Alcalde

  Unha mesma fonte inspiradora é capaz de xerar visións musicais totalmente distintas. É o caso do singular programa que presenta a BMMC. Un mesmo título para dúas composicións inspiradas no famoso libro de ensino budista chamado Lotus Sutra. Un compositor histórico do panorama bandístico como Alfred Reed (Nova York, 25 de xaneiro de 1921…

Russian Red

  A aparición de Russian Rede a mediados da década do dous mil na escena musical española provocou un tsunami no panorama independente nacional descoñecido ata aquel momento. A combinación de talento innato para compoñer, voz privilexiada e carisma natural de Lourdes Hernández non pasou desapercibida para case ninguén. Este mesmo ano, tras un período…

Escándalo en palacio

Lo   Canto fai que non che emocionas de verdade? Escándalo en palacio é unha alta comedia ao estilo Old Hollywood con xeniais toques de humor intelixente. Bernard Mathieu, presidente de goberno de Escandalonia, recibe unha comprometida noticia: un vídeo privado do primeiro encontro sexual coa súa actual esposa e primeira dama, Paola D’Angio, salta…

Caamaño & Ameixeiras | Quitar o aire

  Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) forman Caamaño & Ameixeiras, un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Presentan o seu novo disco, Quitar o aire, inspirado na ritoloxía popular galega. Un universo fascinante onde realidade, maxia e relixión conflúen para procurar respostas, para sandar e para celebrar…

XXXI Xogos Florais María Pita

Coa participación da poeta Yolanda Castaño, da directora da Casa Museo Wenceslao Fernández Flórez, Alicia Longueira, e a Tuna de Veteranos da Coruña.

Festigual | Asociación Cultural AIS, Poten100mos e Proxecto Máscaras

  Asociación Cultural AIS – A procura de ritmo e luz Concerto multimedia creado por persoas con diversas capacidades auditivas. Lámpadas, interruptores e sons corporais serán a base deste espectáculo performativo onde a música contemporánea dialoga coas artes visuais do século XXI. Banda de música DiversidArte da Asociación Poten100mos A Banda de percusión DiversidArte é…

Festigual | Música baixo as estrelas

  Os e as artistas de rúa da cidade participan nunha gala que pretende facer un recoñecemento a todos e todas esas músicas que poñen banda sonora ao noso día a día sen que moitas veces nos percatemos da súa presenza. Un espectáculo cheo de ritmos diversos que animará a todas as persoas do teatro.

BMMC | El amor brujo

  A Banda Municipal da Coruña comeza a súa tempada sinfónica no Teatro Colón cun atractivo cartel no que centra o programa nunha obra icónica do s. XX, El amor brujo. Bruxería e misterio, xitanas que murmuran esconxuros, danzas ao redor do lume. El amor brujo é unha historia de paixón que traspasa a fronteira…

BMMC | Paisaxes para ventos

  O director portugués Manuel Fernando Marinho dá Costa presenta un programa moi ecléctico con forte influencia portuguesa. Un repertorio totalmente actual para orquestra de ventos no que novos talentos da composición ofrecerán diferentes paisaxísticas musicais de inspiración galega como a Sinfonietta Galaica ou puramente portuguesa como Paisagem Ribatejana, onde a muiñeira e o fado…